Rocío Ovalle

Xornalista e comunicadora especializada en acción social, cooperación, xénero e cultura. Como freelance colaborou en El Mundo, El País, eldiario.es e nas revistas GEO e Luzes, entre outros medios, e traballou en radio e prensa. Foi coordinadora de comunicación na India, na Fundación Vicente Ferrer, e actualmente é a responsable de comunicación de Cruz Vermella Española na provincia da Coruña. Recibiu Mención de Honra no I Premio de Xornalismo Mozo sobre Violencia de Xénero outorgado polo INJUVE (Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade).

Xornalista e comunicadora especializada en acción social, cooperación, xénero e cultura.

Santiago no dodecaedro

25/04/2018

Aquí medrei. Aos poucos, fun descubrindo que os turistas e peregrinos viven o seu propio Santiago e, aínda que se cruzan cos composteláns, están en distintos planos da mesma cidade sen chegaren nunca ou case nunca a tocarse. É curioso que a súa meta, despois de longos percorridos cruzando os mapas, lles ofreza tan pouco que apenas pasen nela un día ou dous.