Silvia Federici

1942, Parma. Historiadora e activista feminista. Profesora emérita na Universidade de Hofstra, en Nova Iorque. Fundadora en 1972 do Colectivo Feminista Internacional. Nos oitenta, fundou o Committee for Academic Freedom in Africa. Entre as súas principais publicacións están os ensaios Calibán e a bruxa: a muller, o corpo e a acumulación orixinaria (2004) e Revolución no punto cero: traballo doméstico, reprodución e loitas feministas (2013). Neste 2020 vén de publicar Beyond the Periphery of the Skin: Rethinking, Remaking and Reclaiming the Body in Contemporary Capitalism (Oakland, PM Press).