Crónica

Núñez vende celta, compra Freixanes

Víctor Freixanes e Carlos Núñez son cómplices nunha estratexia de difusión da cultura que nin foxe do marketing nin ten complexos en falar de mercado.

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Erik Dobaño | A Coruña, 24 de outubro.  Onte na RAG coincidiron dous virtuosos da cultura e do marketing. Un talento disposto a demostrar que a Academia non é allea ao mundo, mesmo se ese mundo vén escrito en español; e outro capaz de gañar calquera espazo, por alleo que pareza, para a música popular do país.

Víctor Freixanes e Carlos Núñez son amigos e por veces cómplices nunha estratexia de defensa e difusión da cultura do país que nin foxe do marketing nin ten complexos en falar de mercado, de cartos, de pagar por consumir produtos culturais ou reclamar subsidios públicos máis xenerosos para os oficios culturais.

Onte tocaba vender a “marca celta” nunha institución como a RAG que opera como axencia de cualificación de produtos culturais [, mentres alí ao lado, Manolo Rivas, o gran novelista vivo do país, presentaba o seu último libro. Gañaron os celtas, porque a Berbiriana quedouse pequena porque é pequena e a Academia, aínda que non é moi grande, encheu. O que demostra que os produtos culturais galegos que chiscan un ollo ao mainstream triunfan na Galiza, e máis se están escritos en castelán e editados por unha editorial de Madrid.

Aliñamentos como o de onte entre a rúa Tabernas e a rúa Santiago na cidade vella da Coruña, en calquera outro lugar do planeta, desvelarían contradicións. Aquí non.]* Os académicos usan a Academia cunha total indiferenza polo valor simbólico dos seus actos. Pero o fácil é cuestionar a Academia porque fai isto e non o outro e viceversa… O difícil é vender calquera marca nestes tempos de todo é marca, e peor se a marca é o celta, concretamente a música celta, sen cantar en inglés nin facer parte dese mainstream anglosaxón, porque como demostrou Carlos Núñez nun relato verosímil sobre a celticidade do noso mundo, o celta “naceu” aquí e “subiu” polo mar contaminando as costas da Bretaña e as illas ao Norte. E eles fixérono seu e quedaron con todo o pastel.

Murguía e Pondal, como lembrou Freixanes no seu papel de presidente da RAG, fixeron algo parecido: “unha construción do celtismo como símbolo diferencialista cun éxito social espectacular”, pero con moita menos base teórica, entre outras cousas porque naquela altura aínda non se coñecía o carbono 14. Agora que os arqueólogos volven dicir que si, que o celta é propio noso –e na sala estaba André Pena para confirmalo– a Academia está disposta a coller La hermandad de los celtas (Espasa, 2018) e certificar que hai unha oportunidade no mercado para “unha marca gañadora”, “que non hai que tirar o lixo”, como sinalou Carlos Núñez citando a Manolo Gago antes de recordar que o Pai Sarmiento fora o primeiro celtista do país cando deixou escrito que o celta non viu do este, senón do oeste.

Carlos Núñez e Víctor Freixanes, onte na sede da RAG na Coruña.

Carlos Núñez, virtuoso gaiteiro que se abriu ao mundo nunha xira cos Cheftains, esforzouse no comezo e no remate da súa charla de onte en describir como o celta vende e segue presente en medio mundo: en espazos da cultura pop en Londres ou París –no Olympia, baixo o rótulo de Celtic Pilgrimage, que demostra que os franceses tamén lle colleron gusto ao marketing– ou nun concerto con Julio Iglesias, mesmo en espazos da alta cultura en Viena ou nas vodas de ouro da Fundación Barrié en Compostela, o celta toca desde Jordi Savall a Sting, cando levou unha zanfona a cerimonia dos óscar. Mais na Galiza, “quedámonos nesa visión dos festivais ao ar libre e gratuítos dos noventa: cervexa e marcha, marcha!”.

“Hai posibilidades durmintes esperando pola música tradicional”, asegura Núñez, que se tomou tres anos para elaborar a investigación que agora publica e recorreu as sete nacións na procura de evidencias e topounas nos sons das músicas e das falas, nas pedras, gravadas, nos instrumentos, na lira, nas cordas da lira, no fol e, por fin, na gaita que se converteu en gaita celta no Sur e “subiu” até a mesma Escocia onde se fixo célebre e militar –pode que Foxo e a súa banda en Ourense non fixeran outra cousa que traela de volta, militarizada?–. Carlos Núñez enche de rexistros científicos un relato máxico e toca unha frauta. O mar de Vigo, o de Martín Códax, “por que cando chegaron as cantigas nin sequera se cantou un peza del?”, láiase Núñez. “Ai!, se os alemáns ou os ingleses tiveran a tradición viva”, di o gaiteiro mentres sinala nunha pantalla unha fídula do Pórtico da Gloria ao lado dunha foto dun vello tocando un rabel na fronteira zamorana. Son as cordas frotadas dunha longa continuidade que “sube” ate os fiddles irlandeses e salta canda eles o Atlántico e vénnos de volta no country e non rock. E os Académicos (poucos, pero sinalados: Monteagudo, Aleixandre) están a piques de facer a onda…

Galiza (musicalmente, está acreditándose) é celta mais aínda non cobra por iso. Hai que evolucionar. E Freixanes asentiu. Non pode ser que nos quedemos parados, os celtas, explicou Carlos Núñez, “e se os concellos das cidades pagan artistas do mainstream para encher as festas, e nas vilas pagan orquestras para que enchan as festas, nós temos que seguir buscando espazos, que os hai, é son máxicos”. E está o mercado, por certo, rematou, que ten que ver esta oportunidade.

 

*Eliminar depois de ler. Quedaba ‘bonito’ como figura, mais o aliñamento non aconteceu: o que se presentou na Berbiriana foi o libro “Historia de la Guerra Civil contada por dos hermanas. Memorias de golpe, revolución y guerra”, editado por Lourenzo Fernández Prieto e Gustavo Hervella, que non son Rivas. O aliñamento foi, en realidade, un cruzamento de cables do autor da crónica… [queda anotado o día 26]

4 comentários em “Núñez vende celta, compra Freixanes”

  1. De Freixanes nom vou falar, vive e vivirá dumha Galiza autoanémica e capada. Mais, Carlos Núñez? O músico máis falso e hipócrita desta Terra. Tudo nel é cinismo puro, as súas performances no estado espanhol e no mundo som um canto á espanholidade absoluta. O seu celtismo? Um postureo mercantil. É o Gayoso da gaita…

Deixe um comentário

4 comentários em “Núñez vende celta, compra Freixanes”

  1. De Freixanes nom vou falar, vive e vivirá dumha Galiza autoanémica e capada. Mais, Carlos Núñez? O músico máis falso e hipócrita desta Terra. Tudo nel é cinismo puro, as súas performances no estado espanhol e no mundo som um canto á espanholidade absoluta. O seu celtismo? Um postureo mercantil. É o Gayoso da gaita…

Deixe um comentário