O que aprendín nun ano aquí

Xiao Hong

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Eu chámome Xiao Hong, o meu apelido e Xu, pero desde que vivo aquí toda a xente me chama Xiao, eu sentíame moi rara porque os nomes chinos non hai que separalos, sempre se din xuntos para saber o seu significado. Por exemplo o meu nome significa “Amencer vermello” (Xiao, amencer; Hong, vermello). O nome de meu pai significa “educado”, e o da miña nai “melocotón da sorte”. Para os chinos o símbolo do melocotón é una esperanza de vivir moitos anos. O nome da miña irmá significa “andoriña pequena”, e o do meu irmán “forte e intelixente”. Aquí vin que moita xente non coñece o significado do seu nome. Tamén vin que os chineses que teñen negocios aquí póñense nomes ingleses ou españois que soan ben para que sexa mais fácil de pronunciar. 

Levo menos dun ano vivindo en Carballo, e xa vin moitos costumes que me sorprenderon o ser ben diferentes das do meu país.

Custoume moito acostumarme a xantar e a cear tan tarde. Un día sen traballo almorzamos as 10:00 ou 10:30, se a noite pasada saímos de festa daquela almorzamos sobre as 12:00, imaxinade a hora de comer… tardísimo!. A cea sobre as nove ou dez, ás veces incluso as once. Que diferentes somos, para os galegos as festas comezan á media noite ou mais tarde, eles din que volver a casa antes das tres da maña non é saír, é saír a cear, que loucura!. 

Na mesa, vexo que aquí a xente despois de comer ou de cear quedan á sobremesa ou o café, e se poñen a falar. Lembro dos aniversarios que celebrei ca familia do meu marido, comezabamos ás tres e rematabamos sobre as sete e media… que é a hora de cear en China.

Cando casamos alá, na celebración os invitados viñeron comer sobe as 12:00, e entre comer, saudar a xente e tal xa remataron… nunha hora! A xente comezou a marchar sobre a unha. Quedamos comendo eu, mais o meu marido e a miña cuñada até as tres e xa nos fomos para casa.

Por exemplo o meu nome significa “Amencer vermello” (Xiao, amencer; Hong, vermello). O nome de meu pai significa “educado”, e o da miña nai “melocotón da sorte”. Para os chinos o símbolo do melocotón é una esperanza de vivir moitos anos.

O pouco de chegar a este país fíxenme autónoma para dar clases, e nunca vira tantos papeis polo medio. Despois do montón de papeis para casarnos e conseguir o visado en China, despois conseguir a tarxeta de residencia, tiven que facer máis para empezar a traballar e acceder á seguridade social. Claro que aquí os papeis traen beneficios, porque teño un seguro médico e mais cousas. Menos mal que o marido me axuda e ten paciencia comigo.

Polo meu traballo comecei a coñecer moita xente, e aquí chámanme “guapa”, “cariño”, “cielo”, “miña nena”… Unha vez que fun o supermercado una señora maior pediume axuda e díxome: “A ver cielo, cólleme ese paquete, que eu non chego. Gracias cariño”. Gústame que a xente me chame así, iso é que son moi amables e alegres.

Dous bicos, un saúdo

A primeira cousa que me chamou a atención e a de dar dous bicos na cara, sen coñecerse ben e xa están dando bicos entre homes e mulleres. Ao principio estrañábame moito e sentíame moi rara, porque para nos, os chinos, cando saudamos damos a man dereita, os bicos resérvanse para os noivos. Recordo cando traballaba no circo, as miñas compañeiras chinesas non lles gustaba saír do circo no tempo libre porque tiñan medo os bicos da xente, elas pensaban que tiñan un significado sexual.

O seguinte foi marabilloso, aquí cando estas preto dun paso de peóns os coches paran para que pases, parece máxico, e case non hai xente nas rúas. En China sempre hai moita xente nas rúas, e un país moi poboado e a xente loita dia a dia. En Galicia o ceo e moi azul, e non hai contaminación, chove moito e a min gústame, onde hai auga hai natureza e riqueza. Noto a miña pel suave e que non me saen os mocos negros.

Para min tódolos países europeos son moi avanzados, teñen as cousas mellores do mundo, iso pensaba eu no ano 2017 cando vin a vivir a Galicia, por iso me pareceu moi estraño que aquí ninguén paga co móbil, sempre tes que levar cartos para comprar no mercado, un xeado, pagar no bar… En China pagase todo co móbil, incluso nos pobos pequenos, e xente maior, ata una leituga pagas co móbil.

Hai tan poucos autobuses e tardan tanto para ir de Carballo a Coruña…, unha hora para 30 quilómetros! E 5 euros cada viaxe é moi caro… agora entendo porque aquí as familias teñen dous ou tres coches para ir traballar. Unha vez preguntei para ir a Santiago e só hai un ou dous autobuses ao día, tamén tarda una hora, eu non podía crelo. Ademais non hai tren. En China hai moitos autobuses nas aldeas, e cos trens-bala podes viaxar en pouco tempo entre cidades.

Por iso me pareceu moi estraño que aquí ninguén paga co móbil, sempre tes que levar cartos para comprar no mercado, un xeado, pagar no bar… En China pagase todo co móbil, incluso nos pobos pequenos, e xente maior, ata una leituga pagas co móbil.

Outra cousa que me estrañou é que estando tan cerca do mar, a xente gústalle mais a carne co pescado, tampouco moito as verduras. Aquí cómese moitísima carne de porco. E vexo que aquí a xente fala con moitos xestos, movendo os ombreiros, a cara, os brazos e as mans, se non participas na conversa, parecería que estean a bailar.

Un día normal as tendas pechan as 14:00 para descansar un pouco e ir comer con tranquilidade. Os días festivos pechan. Na China, se un negocio vai e pecha ao mediodía ou en vacacións os clientes esquecen esa tenda, alí tes que abrir todos os días. Só Ano novo chino péchase, porque o goberno dá vacacións en todas as empresas. Claro que non e bo estar toda a vida traballando, deberíase equilibrar o traballo e o tempo coa familia, nisto temos que aprender de aquí.

Antes de vivir aquí eu quería aprender flamenco para saber mais da cultura española, pero meu marido díxome que non lle gustaba o flamenco, que en Galiza é a muiñeira. Claro, son rexións distintas, como en China cada lugar ten a súa cultura.

Morenos como a cor do trigo

Pero a quen non lle gusta o sol? Aquí a xente gústalle moito ir a praia, ou tomar o sol na terraza, sobre todo cando o verán é tan curto. Se fai bo dia preparan un bocadillo, levan cervexa e marchan a praia. A xente non ten problema con estar morenos, eles pensan que estar moreno como a cor do trigo e saudable. Para a maioría dos chineses, e sobre todo para as mulleres, o ideal é ter una pel branca, e gastan moreas de cartos comprando cremas e cosméticos para estar brancas. Se fai sol elas poñen guantes, ou levan paraugas. Pensan que estar branca é estar guapa, saudable e ser rica. Alí non hai solariums.

A forma de ser da xente é moi tranquila, sen présas, gustan gozar da vida. O tempo aquí vai máis amodo ca no meu país, aló aproveitamos todo o tempo para estudar, traballar, e gañar cartos. É unha sociedade con moita competencia. Gústame esta actitude de vida, non só traballar, tamén vivir. Hai un refrán na China que di: “Se hoxe non estudas, mañá non terás traballo”. Hoxe en dia as cousas están cambiando, e van mellorando.

Afortunadamente é máis fácil aprender uns países dos outros.

Carballo, 2 de agosto.

Xiao Hong Xu

Xiao Hong Xu

Yangyuan (provincia de Hebei, China), 1986. Até o ano 2010 traballou como acróbata en varios circos chinos e internacionais. Fíxose mestra de ioga. Desde 2017 vive en Carballo, onde está casada e segue traballando como mestra de ioga. Gusta da natureza, a comida no campo, o exercicio e a meditación.

Xiao Nong Xu. Yangyuan (provincia de Hebei, China), 1986.

Unha voda en China

Ao comezo, cando lles contei aos meu pais que tiña un mozo español e namorei del, eles nin o aceptaron nin o entenderon. As palabras dos meus pais foron: “Se China é tan grande, non hai aquí ningún home para ti?” Meus pais estaban moi preocupados, ir vivir tan lonxe da casa, sen amigos, sen familia que me apoie, e xunto ás diferenzas culturais… o matrimonio non podía durar moito.

2 comentários em “O que aprendín nun ano aquí”

Deixe um comentário

2 comentários em “O que aprendín nun ano aquí”

Deixe um comentário