Xiao Hong Xu

Yangyuan (provincia de Hebei, China), 1986. Até o ano 2010 traballou como acróbata en varios circos chinos e internacionais. Fíxose mestra de ioga. Desde 2017 vive en Carballo, onde está casada e segue traballando como mestra de ioga. Gusta da natureza, a comida no campo, o exercicio e a meditación.

Xiao Nong Xu. Yangyuan (provincia de Hebei, China), 1986.

Unha voda en China

22/06/2018

Ao comezo, cando lles contei aos meu pais que tiña un mozo español e namorei del, eles nin o aceptaron nin o entenderon. As palabras dos meus pais foron: "Se China é tan grande, non hai aquí ningún home para ti?" Meus pais estaban moi preocupados, ir vivir tan lonxe da casa, sen amigos, sen familia que me apoie, e xunto ás diferenzas culturais… o matrimonio non podía durar moito.