Os medios de comunicación social nunca recuperarán a confianza do público
Caitlin Johnstone
Escoite este artigo:
Este ano foi a primeira vez que a confianza nos medios de comunicación caeu por baixo do cincuenta por cento nos Estados Unidos, continuando unha tendencia de declive que se mantén hai anos.
Os medios de comunicación social están divididos sobre a que atribuír a culpa da queda na opinión pública do seu traballo, algúns culpan a Rusia e outros a Donald Trump. Outros, como un artigo recente de Forbes titulado “Restoring Public Trust In Technology And Media Is Infrastructure Investment” (Restaurar a confianza do público na tecnoloxía e os medios de comunicación é un investimento en infraestrutura), culpan a Internet. Outros aínda, como un artigo do Washington Post no inicio deste mes, titulado “Malas noticias para xornalistas: O público non partilla os nosos valores” culpan ás propias persoas.
A única cousa en que todos parecen concordar é que non é definitivamente porque os medios de comunicación social controlados por bilionarios son vehículos de propaganda que nos manipulan constante e conxuntamente con axencias gobernamentais sociopatas para protexer o status quo oligárquico e imperialista sobre o cal os membros da clase bilionaria construíron os seus respectivos reinos. Non pode ser porque as persoas senten que lles están a mentir e que están fartas diso.
E, en verdade, non importa o que os grandes medios pensen que poida ser a causa do crecente enfado do público, porque de calquera maneira non hai nada que eles poidan facer para o resolver. Os medios de comunicación social nunca recuperarán a confianza do público.
Nunca recuperarán a confianza do público por un par de razóns, a primeira das cales é porque nunca serán capaces de se tornar dignos de confianza. En ningún momento os medios de comunicación comezarán a impresionar o público coa súa integridade xornalística para facer que as persoas re-avalíen a súa opinión sobre os principais medios de noticias. En ningún momento o desdén das persoas por estes deixará de ser reforzado e confirmado polos comportamentos manipuladores e enganosos que causaron ese desdén.
Un espazo de propaganda nunca será outra cousa que non sexa un espazo de propaganda. Moitas persoas semi-espertas cun ollo aberto e un ollo fechado notarán como os medios de comunicación social non practican xornalismo e non relatan os feitos, e presumirán que algo saíu mal nalgún momento. “Fagan simplemente o seu traballo e dean as noticias!” gritarán frustrados.
Mais nada saíu mal, e eles están a facer o seu traballo. Eles están a facer o seu traballo extremadamente ben.
Dicir aos medios que “fagan o seu traballo” e dean as noticias é como entrar nunha fábrica de zapatos gritando “fagan o seu traballo e comecen a fabricar dentaduras!”. O seu traballo non é dar as noticias, o seu traballo é manipular a percepción pública en beneficio da clase propietaria dos medios de comunicación social. E para ese fin tiveron inmenso éxito.
Non paga a pena recriminar á grande prensa pola confianza que o público deposita nela, porque unha cousa que só existiu para administrar propaganda non pode tornarse xornalismo de repente. É como gritar a unha pedra por non ser unha árbore.
Os medios de comunicación social son completa e totalmente irredimíbeis, e sempre o serán. É un desperdicio de enerxía tentar facer que institucións de propaganda plutocráticas comecen subitamente a facer xornalismo; non é para iso para o que serven. En vez diso, a nosa enerxía é mellor gastala en ensinar as persoas a deixaren de as ver como medios xornalísticos.
A outra razón pola cal os medios de comunicación nunca recuperarán a confianza do público é que a relación da humanidade coa narrativa está a evoluír demasiado para alá do nivel que outrora reuniu os americanos ao redor da televisión a ouvir con fe de Bambi as palabras de Walter Cronkite. Ese nivel de credulidade cega xeneralizada nas historias oficiais do día nunca máis existirá.
A nosa vella relación coa narrativa está a se esfarelar, e as vellas formas na que as persoas comprenden o que se pasa no mundo simplemente xa non se sosteñen.
Como as tensións da guerra fría con Rusia e China seguen aumentando mentres o imperio central de Estados Unidos loita con crecente desesperación por manter o seu dominio, estamos vendo como a propaganda alcanza niveis de saturación de ruído branco que probabelmente pronto descubriremos o punto no que a conciencia colectiva pode ser golpeada con operacións psicolóxicas a gran escala antes de romper.
“Dicir aos medios que “fagan o seu traballo” e dean as noticias é como entrar nunha fábrica de zapatos gritando “fagan o seu traballo e comecen a fabricar dentaduras!”. O seu traballo non é dar as noticias, o seu traballo é manipular a percepción pública.”
América acaba de pasar por catro anos cun presidente cuxas palabras non tiñan relación ningunha cos feitos ou a realidade, e que non fixo tentativa ningunha de finxir o contrario.
O público en xeral está cada vez máis consciente da natureza xeneralizada da desinformación e da propaganda.
A tecnoloxía Deepfake significa que en breve xa nin sequera poderemos confiar no vídeo.
As persoas comúns están a sufrir financeiramente mentres Wall Street está en expansión, unha eiva evidente no enredo económico que só está a tornarse máis pronunciada.
Hai numerosas narrativas diferentes sobre covid19 e respostas do goberno ao problema que corren paralelas unhas con outras, mentres toda a xente está aínda hoxe absolutamente certa de que a súa posición é a única correcta.
Toda a clase de medios de comunicación están a actuar de forma estraña, agora relatando rutinariamente historias falsas en masa, como a narrativa da colusión rusa ou como a do Bountygate, e despois, cando esas historias coas que nos alimentaron con tanta urxencia son completamente desacreditadas, simplemente fan como se non fose gran cousa.
Agora estamos a ver mesmo historias sobre OVNIs en publicacións reputadas, en non apenas unha vez, senón regularmente, o que tería sido impensábel algúns anos atrás.
Non se pode torcer e empurrar a consciencia colectiva así, sen que algo se parta, sen que as persoas comecen a ollar con desconfianza para os pensamentos nas súas cabezas, e comecen a cuestionar o seu sentido da realidade, sen que as persoas se pregunten se todo o que acreditan é mentira.
“Olla para calquera manifestación de autodestrución humana, non importa tan grande ou pequena sexa, e encontrarás unha crenza que está a ser levada demasiado en serio.”
Hai xa algún tempo que vemos sinais de que a humanidade está a entrar nunha nova relación coa narrativa, á medida que as persoas aprenden en todos os sectores da sociedade que moitas das regras aparentemente sólidas que outrora seguiamos tan en serio son apenas palabraría que somos libres de re-escribir en calquera momento.
O ateísmo e o secularismo, outrora posicións marxinais, son agora correntes, unha vez que as persoas descubriron que non precisan permitir que as súas vidas sexan controladas por palabras escritas por homes mortos hai moito tempo en terras distantes de contextos culturais e históricos que non teñen relevancia para as nosas propias circunstancias.
As persoas comezan a recoñecer que o diñeiro está inventado e que podemos colectivamente mudar as regras de como funciona sempre que quixermos, coa crecente popularidade tanto do socialismo como das moedas criptográficas para captar a imaxinación pública do que é posíbel.
As persoas comezan a comprender que aquelo o que chamamos xénero é unha gran rede de construcións conceptuais que temos sobreposto á anatomía humana, e que somos libres de desconsiderar e re-autorizar esas construcións conceptuais se iso nos parecer correcto.
As persoas están a comezar a comprender que as relacións románticas non precisan de ter o aspecto no que foron modeladas para nós ao longo dos séculos, sendo tamén opcións perfectamente aceptábeis os modelos de relacións non casados, do mesmo sexo, políamorosos ou outros.
As persoas comezan a comprender que “familia” non precisa de se referir a persoas coas que estamos emparentados pola sangue, e o conecto de familia escollida está a gañar popularidade.
As persoas están a comezar a comprender que a fracasada guerra contras as drogas é un abuso inmoral e que nos debe ser permitido experimentar a nosa propia consciencia usando as substancias que nos parezan máis adecuadas.
Todos estes son sinais dunha consciencia crecente de que as narrativas de “como é” coas que fomos alimentados pola cultura non teñen a realidade concreta que en tempos presumimos que tivesen. Estamos a comezar a velas como aquelo que son: historias. Historias que somos libres de ignorar ou re-escribir na medida que nos pareza útil.
Para os propagandistas cuxas manipulacións dependen de que os seus albos estean imbuídos das suas narrativas este desenvolvimento recente é moi problemático. Se unha narrativa “como é” non é tomada en serio, non pode ser usada para manipular a forma como as persoas pensan, se comportan, e votan. E esta seriedade é exactamente o que estamos a ver deteriorarse na relación da humanidade coa narrativa.
Isto pode acabar por ser unha cousa moi, moi boa. Toda a capacidade humana de destrución é, en último termo, causada polo feito de tomarnos o pensamento en serio, en vez de usalo simplemente como a ferramenta que está destinada a ser apartada cando acabamos. Mira calquera manifestación de autodestrución humana, non importa como de grande ou pequena sexa, e encontrarás unha crenza que está a ser levada até o final demasiado en serio.
Mas non se prestará a confiar nos principais medios de comunicación social. Isto tamén será unha cousa moi boa.
Caitlin Johnstone | 26 de abril.
The Mass Media Will Never Regain The Public’s Trust
A autora
Caitlin Johnstone
Xornalista australiana, autora do blogue caitlinjohnstone.com. Defínese como xornalista pícara, anarco-siconauta e poeta guerrilleira. "En 2017 eu conseguín unha conta Patreon e convertinme nunha escritora totalmente financiada pola multitude, que non responde diante ninguén, unha posición privilexiada que exploro ao máximo para dicir cousas que acho que precisan ser ditas independentemente dos tabús contra dicilas".
Nunha época de autoritarismo crecente…
Ou Truden ou Bimp
Outras opinións
‘Let it Be’ e as ‘Nagra Tapes’
A vida extínguese sen fogos de artificio
Lupe Ces: Licuar o sexo/Liquar o sexo
Unha multitude dentro de Dylan
Outras opinións
A vida extínguese sen fogos de artificio
Lupe Ces: Licuar o sexo/Liquar o sexo
Unha multitude dentro de Dylan
Algúns erros de esquerda que axudaron Ayuso