Caitlin Johnstone

Xornalista australiana, autora do blogue caitlinjohnstone.com. Defínese como xornalista pícara, anarco-siconauta e poeta guerrilleira. “En 2017 eu conseguín unha conta Patreon e convertinme nunha escritora totalmente financiada pola multitude, que non responde diante ninguén, unha posición privilexiada que exploro ao máximo para dicir cousas que acho que precisan ser ditas independentemente dos tabús contra dicilas”.

Nunha época de autoritarismo crecente…

07/09/2020

Caitlin Johnstone reflexiona sobre o efecto disuasorio do caso Assange cando os poderes necesitan garantir o segredo da súa axenda. “Non debemos permitir que se salgan coa súa. A liberdade de Assange é máis crucial que nunca."

Deben ser encarcerados os xornalistas por exporen crimes de guerra dos EUA?

03/03/2020

Caitlin Johnstone sostén que a primeira fase do xuízo a Assange serviu para evidenciar unha verdade espida: os EUA buscan calquera fenda para meter preso o xornalista por ter difundido os seus crimes de guerra. Todas as manipulacións xa non importan máis, advirte a autora, temos a oportunidade de tomar o control do discurso.