opinion

46 mulleres máis

20/06/2018

Catro mulleres no Día das Letras Galegas son poucas? Son, si, pouquísimas. Pensade que, para resarcirnos e equiparanos á presenza masculina haberá que celebrar sen pausa, unha tras outra, autoras galegas durante corenta e seis anos seguidos. Un artigo de Emma Pedreira.

Emma Pedreira, colaboradora na sección OPINIÓNS de adiante.gal

#8M

06/03/2018

Teño a casa chea de merda e purpurina. Roupa por encartar. Louza que non chouta soa do lavalouza aos andeis nin á inversa. Libros por ler, por escribir. Cadela que pasear, nenas que queren escoitar contos, miramamá, miraquefago. Teño sobre min o eco rebotante de típicas frases de nai, enunciadas por todo tipo de xente que nin o é: vaitecomeramerda, acasaésempreoúltimonosdeberes (deberes?).