Unha voda en China
Xiao Hong Xu
O matrimonio en China non é só de dúas persoas, senón de dúas familias. Os eventos matrimoniais son eventos de por vida, e a maioría dos pais chineses estarán máis ou menos involucrados. Coa mudanza dos tempos, e nas grandes cidades, o matrimonio dos noivos abandonou moitos dos vellos costumes, os tempos cambiaron e as regras e a etiqueta cambiaron.
As mulleres chinesas admiran as cerimonias de voda europeas, polos vestidos brancos e as Igrexas. A noiva vese máis elegante e de moda. Porén, en moitas vilas de China, a xente aínda conserva moitos costumes antigos. O vello dito di: “Cando un home e unha muller están casados, é unha lei para toda a vida que se mantivo durante milleiros de anos”.
As citas a cegas son populares nas grandes cidades e máis comúns nas zonas rurais.
Cando os parentes e amigos xeralmente visitan á familia ou amigos, se ven a rapaces ou rapazas, fanlles as seguintes preguntas: “Estás solteiro ou solteira?” Se a outra parte responde “si”, entón o seguinte paso é verse en persoa e coñecerse. O proceso da cita xeralmente é moi curto. Os dous preguntan sobre a súa idade, cantos irmáns ten, se ten piso, a que se dedica… Por suposto, o máis importante é observar o aspecto físico do outro. Se é feo ou fea perderá interese en seguir e estará ausente. De feito que a maioría atende moito se é guapo ou guapa.
Tamén hai exemplos especiais: se o home ten unha familia con moitos cartos, é rico, á muller non lle importa casar sen amor, casará para ser rica, porque así pode axudar á súa familia, e ademais non terá que traballar tanto. Hoxe en día, moitas rapazas queren casar cos ricos, así a súa vida sexa máis fácil, non importa tanto o amor, mais non pode casar cun pobre.
A dote da noiva cada vez é maior, nuns vinte anos pasou de 1.000 iuanes a máis de 100.000 iuanes, incluso hai familias que piden 300.000 iuanes. As cantidades dependerán sempre do que queren os país da noiva, e se a muller é máis ou menos nova, ten estudos da universidade ou non…
Os país da noiva criaron ás súas fillas durante máis de 20 anos, traballaron moito para darlle uns estudos, e por iso cando a súa filla casa senten a perda como auga derramada e a maioría fican sós, con medo de que ninguén coide deles cando sexan anciáns. Porén, a muller vai dar un fillo á familia do home, e lavar as cousas e cociñar, por iso piden algo de cartos. É naturalmente xusto.
A dote da noiva cada vez é maior, nuns vinte anos pasou de 1.000 iuanes a máis de 100.000 iuanes. Aínda que se naza no campo ou na cidade, ter piso e o coche é esencial para casarse.
Pero os homes tampouco o teñen fácil, hoxe en día, ademais de pagar a dote e a voda, os homes deben ter un piso e un coche para casarse. Aínda que se naza no campo ou na cidade, ter piso e o coche é esencial para casarse. A muller do fillo empezará a chamarlles papá e mamá e coidará tamén deles.
Aqueles pais que son pobres, ou teñen dous fillos, son máis desgraciados, os cartos que gañaron durante toda a súa vida é para que os seus fillos poidan casar. É a vella tradición de China.
O meu tío, por exemplo, o irmán maior da miña nai, el ten dous fillos. É un campesiño, traballa duro e aforrou moitos cartos durante anos. O seu fillo maior casou hai tres anos e mercoulle un piso na cidade do condado. Agora que o fillo máis novo alcanzou a idade para casar, o pai traballa no campo día e noite. Dáme moita pena o meu tío, el vive para traballar e nunca pode gozar da súa vida.
Non poden deixar que os seus fillos permanezan solteiros, iso sería unha vergoña para a familia, os veciños pensarían que non teñen cartos.
A maioría da xente das vilas ten unha mentalidade moi fechada, non lles importa se viven unha vida dura a cambio que os seus fillos poidan casar. Non poden deixar que os seus fillos permanezan solteiros, iso sería unha vergoña para a familia, os veciños pensarían que non teñen cartos, ou se é a filla van pensar que ten unha enfermidade.
Nas cidades grandes como Xian, Zhengzhou, Guangzhou os rapaces que desexan casar deben ter un piso, un coche, un bo salario, sobre 1.500 euros ou máis. Se eles non teñen algo, mais si os pais, tamén vale.
Casar sen obriga
Moitas e moitos das que nacemos na década dos 80, adoramos o amor libre e a esperanza de encontrar á persoa da túa vida e poder casar sen obriga. En Europa e nos Estados Unidos é una cuestión dos noivos, os pais non van pór moita presión, porén a maioría dos pais en China terán demasiada interferencia, esa é a causa da alta taxa de divorcios.
Teño unhas amigas que se divorciaron hai pouco. Casaron pola presión dos seus pais, porque as mulleres teñen que casar antes de cumprir os 30 anos. Os seus matrimonios duraron un ano, houbo moita discusión e pelexas, todo tipo de contradicións, até o punto do divorcio. Se non hai fillos, o home queda na súa casa e co coche e a muller volve cos pais, ou vai para outro piso, por isto son importantes os cartos que o noivo deu aos sogros, para coidar aos pais da noiva cando sexan anciáns, ou para muller se se divorcian e queda sen nada.
Eu teño moita sorte, meus pais son moi razoábeis e quérenme moito. Casei co meu marido por amor, hai un ano e dous meses, el é galego. É un matrimonio interracial. Non é sorprendente que haxa moitos matrimonios así nas cidades, porén é moi raro nas vilas.
Ao comezo, cando lles contei aos meu pais que tiña un mozo español e namorei del, eles nin o aceptaron nin o entenderon. As palabras dos meus pais foron: “Se China é tan grande, non hai aquí ningún home para ti?” Meus pais estaban moi preocupados, ir vivir tan lonxe da casa, sen amigos, sen familia que me apoie, e xunto ás diferenzas culturais… o matrimonio non podía durar moito. Son preocupacións dos pais.
Durante moito tempo falei cos meus pais polo Wechat [un dispositivo similar ao Whatsapp, moi popular en China]. Contáballes da súa personalidade, do seu traballo e da familia del. Ás veces mandaba fotos e vídeos. Para que soubesen máis cousas do meu marido e tiveran confianza nel. Ao final, aceptaron que casaramos.
Non podo dar un consello que sirva para todos, mais o que sempre penso é que o matrimonio é unha cuestión de dúas persoas, e para funcionar temos que estar cómodas, atopar os momentos máis felices nos pequenos detalles. Esperemos que cada un de nós poida gañar ese desafío e ser valente.
Carballo | 22 de xuño.
Xiao Hong Xu
Yangyuan (provincia de Hebei, China), 1986. Até o ano 2010 traballou como acróbata en varios circos chinos e internacionais. Fíxose mestra de ioga. Desde 2017 vive en Carballo, onde está casada e segue traballando como mestra de ioga. Gusta da natureza, a comida no campo, o exercicio e a meditación.
Outras opinións
Lupe Ces: Licuar o sexo/Liquar o sexo
Unha multitude dentro de Dylan
Algúns erros de esquerda que axudaron Ayuso
Outras opinións
A vida extínguese sen fogos de artificio
Lupe Ces: Licuar o sexo/Liquar o sexo
Unha multitude dentro de Dylan
Algúns erros de esquerda que axudaron Ayuso
1 comentário em “Unha voda en China”
Xiao; es una historia preciosa; somos personas que somos totalmente libres para pensar y hacer lo que nos parece mejor , tenemos derecho a equivocarnos……..Os deseo todo lo mejor del mundo, me pareces una buena niña y esa familia es maravillosa…..un abrazo