Bernardo Máiz Vázquez

Ferrol, 1950. Doutor en Historia. Entre as súas últimas publicacións están Castelo de San Felipe: cárcere e morte (2010), O Seixo, na Outra Banda da banda de Ferrol (2016) e Amada García e os seus arredores (2017). Pioneiro na investigación sobre os movimentos sociais e a represión franquista en Galiza, ten realizado numerosas achegas no coñecimento do mundo do mar, con libros como Nautilus (1994) ou As embarcacións de pasaxe das rías galegas (2000), destacando o seu compromiso coa recuperación da cultura marítima tradicional. Foi distinguido co Premio Manuel Murguía ao labor e mérito historiográfico.

O 17 é día de Carvalho Calero. Hoxe: “A primeira descuberta”

16/07/2018

Bernardo Máiz abre a serie de historias que o día 17 (excepto en maio, por respecto) homenaxearán á figura de Ramón Carvalho Calero, que se resiste a ser celebrada en círculos institucionais. A peza de Máiz anima a lembrar ao 'primeiro' Carvalho, un mozo de 18 anos que comezaba a expresarse en castelán. Eran os tempos da ditadura de Primo de Rivera.