Nunha época de autoritarismo crecente, a liberdade de Assange é máis crucial que nunca

Caitlin Johnstone

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

O meu estado natal, Vitoria, tornouse o centro da atención do movemento anti-bloqueo pola represión autoritaria non só contra persoas que están a violar o protocolo de bloqueo, mas tamén contra persoas que se limitan a publicar sobre a realización de futuras protestas anti-bloqueo nas redes sociais.

A policía ten invadido as casas das persoas e prendido os seus fillos baixo a acusación de “incitación” por publicaren no Facebook sobre as accións contra o bloqueo, producindo titulares na prensa internacional. Esta é obviamente unha grande ameaza aos dereitos hunanos que estabelece un precedente perigoso e terá moitos efectos indesexábeis, e debe ser condenada inequivocamente.

“Isto é horríbel. A incitación vai ser utilizada para reprimir todo o tipo de protestas – incluíndo aquelas cuestións coas que concordamos e polas que xulgamos que vale a pena protestar”, explicou o autor e analista australiano Ketan Joshi sobre unha desas detencións. “Sempre que publico sobre isto, fico sorprendido co número de persoas que parecen furiosamente reticentes a estabelecer calquera ligazón entre o que está a acontecer arriba e a historia do clima e da protesta anti-racista en Australia”.

“Aqueles que afirman que a covid19 está a ser explotada polos gobernos para desmantelar as nosas liberdades decrecentes acaban de recibir unha nova e arrepiante peza de proba para apoiar o seu argumento”, chiou o xornalista Jonathan Cook.

De feito, este enfoque parece ser moito máis popular entre os residentes de Melbourne e do estado de Vitoria que están suxeitos ao bloqueo do que o é para unha grande parte do mundo exterior. Parte desta discrepancia débese ao feito de a Australia ter unha cultura enteira construída en torno da frase “No se preocupe, sexa o que for que considere xusto”, mas outra parte é o feito de que noutras democracias ‘autoproclamadas’ as persoas están habituadas a ter unha carta de dereitos para as protexer contra un alcance tan intrusivo.

Moitos australianos descoñecen isto, mas somos a única democracia desenvolvida que non ten unha carta de dereitos incorporada na súa estrutura legal. En vez diso, hai unha excesiva confianza en que o noso sistema lexislativo e xudicial fai sempre o correcto en cada caso, unha premisa que ten sido totalmente desacreditada por cousas como as detencións por publicar no Facebook, o silenciamento das vítimas de agresións sexuais en Vitoria, as redadas policiais contra dous xornalistas australianos o ano pasado, a prohibición case que instituída de informar sobre a corrupción política en Queensland, e o xuízo, condena, sentenza e prisión de um home enteiramente en segredo cuxa identidade foi clasificada como reservada, só por escoller entre algúns exemplos moi recentes.

Como xa discutimos anteriormente, todo isto mostra que haberá axendas autoritarias desenvolvidas durante a pandemia da covid19, que os nosos gobernantes non teñen intención ningunha de botar atrás. Sabemos isto porque é o que sempre acontece; a Patriot Act dos EUA xa foi na súa maioría escrita antes do 11 de setembro e as medidas ‘orwellianas’ pre-planificadas foron simplemente deslizadas nun momento de caos e confusión no que as persoas tiñan menos probabilidades de rexeitar o autoritarismo progresivo.

Están a lanzar a arquitectura da opresión agora porque temen o pobo.

O problema é que non podemos velo.

Durante meses, moitas persoas dinme todos os días que preciso de facer soar a alarma sobre este virus, dando cobertura a unha toma de poder autoritaria que nos vai empurrar para unha distopía da cal nunca nos imos recuperar. Poucos deles conseguen concordar sobre a forma exacta que está a asumir esta toma de poder, e ningún consegue explicar con lucidez nas súas propias palabras exactamente o que saben e como o saben cando llelo pido, mas queren que eu escreba ensaios defendendo o seu punto de vista.

Non é que estean errados nas súas sospeitas; mais unha vez, é unha mostra de que os autoritarios e os plutócratas están, cando menos de xeito oportunista, a se apoiar no poder e na riqueza de diferentes maneiras no medio das confusas convulsións de 2020. E non consigo escribir ensaios que poda defender competentemente sobre cousas que non consigo ver. O nivel de evidencia e argumentación que aplico ao resto do meu traballo simplemente non está presente neste momento. Teño ollado para isto desde todos os ángulos, e non está dispoñíbel un argumento poderoso baseado en probas para calquera tipo de poder global monolítico centralizado en relación a este.

Isto non significa que tal toma de poder non exista, significa apenas que, se existir, a maior parte está a acontecer en segredo. E é unha aposta moito segura que ha polo menos moitas axendas a ser planeadas dentro das estruturas de poder estabelecidas en todo o mundo, as cales nos oporíamos se non estivesen escondidas detrás de espesos veos de opacidade empresarial, financeira e gobernamental.


O que nos leva a Julian Assange, cuxo xuízo de extradición de importancia mundial está marcado para retomar algunhas horas a partir deste escrito.

Assange deu inicio a unha publicación de filtracións coa premisa de que o poder corrupto pode ser combatido coa luz da verdade. O poder corrupto respondeu manchando, torturándoo e prendéndoo, probando así a súa tese incuestionabelmente correcta. A depravación dos poderosos só pode funcionar por detrás de veos de secretismo, porque se iso acontecese ao ar libre os nosos gobernantes en grande número íanse arriscar a encontrarse do lado errado da lámina de guillotina. Assange procurou manter o poder baixo control, reducindo a cantidade de espazos escondidos que ten, e é por iso é que está actualmente baixo rexas.

Se tivésemos transparencia para os poderosos como deberíamos, non habería teorización salvaxe ningunha sobre o que eles andan a tramar por detrás das paredes do segredo. De feito, as varias axendas que están sen dúbida a seren esquematizadas por oligarcas e axencias gobernamentais irresponsábeis nin sequera existirían, porque as persoas só matinan neses males cando fican fóra dos ollos do público. O que quer que estea a acontecer con este virus sería claro como o día, e o feito de as persoas estaren paranoicas e desconfiadas de figuras de autoridade sobre o asunto é unicamente culpa desas figuras de autoridade que rexeitan ofrecer transparencia e responsabilidade.

Canto máis sixilo sexan quen de conseguir os poderosos, máis guerras iniciarán, máis explotación, opresión e roubo impoñerán, máis poder poderán roubarlle o pobo e traspasalo a si mesmos. Por iso é precisamente que perseguen un xornalistas que fixo vocación de privalos do seu segredo.

Como Jonathan Cook dixo recentemente, “Assange tivo de ser feito para sofrer horribelmente e en público – para dar exemplo – para disuadir outros xornalistas de seguiren os seus pasos. Ele é o equivalente moderno de unha cabeza cortada nun pau exposto ás portas da cidade”.

Non debemos permitir que zafen desta situación. Especialmente agora, cando a transparencia para os poderosos é mais importante do que nunca.

Mírate, Australia.

Caitlin Johnstone | 2 de marzo.

Artigo traducido e re-publicado co permiso expreso da autora.

A autora

Caitlin Johnstone

Caitlin Johnstone

Xornalista australiana, autora do blogue caitlinjohnstone.com. Defínese como xornalista pícara, anarco-siconauta e poeta guerrilleira. "En 2017 eu conseguín unha conta Patreon e convertinme nunha escritora totalmente financiada pola multitude, que non responde diante ninguén, unha posición privilexiada que exploro ao máximo para dicir cousas que acho que precisan ser ditas independentemente dos tabús contra dicilas".

O blogue da autora

Deben ser encarcerados os xornalistas por exporen crimes de guerra dos EUA?

Caitlin Johnstone sostén que a primeira fase do xuízo a Assange serviu para evidenciar unha verdade espida: os EUA buscan calquera fenda para meter preso o xornalista por ter difundido os seus crimes de guerra. Todas as manipulacións xa non importan máis, advirte a autora, temos a oportunidade de tomar o control do discurso.

A caza

Deixe um comentário

Deixe um comentário