O caso Assange: a humanidade está a tomar unha decisión moi importante

Caitlin Johnstone

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Todos os propagandistas ficaron en silencio a respecto do fundador de WikiLeaks a quen viñan difamando con implacábel crueldade. Eles non teñen máis argumentos. Os feitos están todos sobre a mesa, e si, acontece que o goberno dos Estados Unidos de América está certa e innegabelmente a traballar para descubrir fendas xurídicas que lle permitan meter preso a un xornalista por ter exposto os crimes de guerra estadounidenses. Iso é o que está a acontecer, e non hai xustificación.

Así que os xestores da narrativa, a maioría, ficaron en silencio. O que é bo, porque nos ofrece a oportunidade de tomar o control da narrativa.

É hora de pasa á ofensiva. Os partidarios de Assange están tan afeitos a xogar á defensiva que aínda non se nos pasara pola cabeza lanzarnos a unha carga en toda regra. Tamén son culpábel diso, deixeime empantanar nalgún debate vello e obsoleto sobre algún aspecto escuro do caso sen decatarme de que nada diso importa máis. Todas as manipulación que se usaron para traer a Assange a este punto reveláronse irrelevantes, gastos impotentes de enerxía en comparación co feito de que hoxe temos probas irrefutábeis de que o goberno dos EUA traballa para asentar un precedente que lle permita meter preso a calquera xornalista que expoña os seus crimes, e agora podemos forzar aos difamadores de Assange a enfrontar esa realidade.

“Deben ser encarcerados os xornalistas por exporen crimes de guerra dos EUA? Si ou non?”

Ese é o debate agora. Non Rusia. Non Suecia. Non se seguiu o protocolo adecuado na fianza ou se lavou os pratos na embaixada. Son cousas vellas. Debates obsoletos. Iso é xogar á defensiva.

Agora pasamos á ofensiva: “Deben ser encarcerados os xornalistas por exporen crimes de guerra dos EUA? Si ou non?”

Esixa unha resposta. Chame a atención e esixa que eles (os difamadores) respondan. Saqueos dos seus escondedoiros e fáganos responder a isto. Arrástreos para a luz e obrígueos a responderen a este pregunta diante de todo o mundo. Diso é do que se trata agora.

Non se deixe desviar. Non se deixe enganar para volver os debates defensivos. Insistan na cuestión: o goberno dos EUA está tentando establecer e normalizar a práctica de extraditar e prender xornalistas por exporen seus delitos. Esa é a cuestión que debe ser posta no foco.

Vostede descubrirá como calquera dos que se atreveron a meter baza para difamar a Assange vanse resistir moito a abordar esta cuestión. Porque non poden responder sen admitir que están errados, e que estiveron errados todo este tempo. Temos un argumento inexpugnábel.

Dispoñemos de dous meses e medio para preparar a segunda parte da audiencia de extradición de Julian Assange: todo o mes de marzo, todo abril e a metade de maio. Imos precisar de todo ese tempo para tomar o control da narrativa e deixar moi claro o mundo que unha decisión moi importante está a piques de ser tomada polos poderosos no noso nome se non tomamos nós esa decisión.

O ‘medium’. @caitlinjohnstone.com

É tempo de facer ou morrer, humanos. Se permitimos que eles extraditen e prendan a Julian Assange por practicar o xornalismo, iso será todo. Acabou. Máis nos vale deixar de preocuparnos polo que lle sucede ao mundo mentres nos cruzamos de brazos en canto os oligarcas nos levan cara o desastre ecolóxico, á aniquilación nuclear ou á distopía autoritaria. É imposíbel responsabilizar ao poder se nin sequera se nos permite ver o que está a facer.

Se nós, os máis, non temos espiña dorsal para enfrontar os poucos e dicimos “non, nós podemos descubrir feitos bastardos e usalos para informar da nosa visión do mundo, e vostedes non poden criminalizar iso”, daquela, verdadeiramente, non teremos a espiña dorsal que se precisa para arrebatar das mans de plutócratas sociópatas o control deste mundo e tomar o noso destino nas nosas propias mans. Neste momento estamos a decidir de que estamos feitos. E o que queremos ser.

Estamos aí, nese momento da película no que escollemos colectivamente a pílula vermella ou a azul. Estamos a ser interpelados colectivamente, e a nosa resposta a esa pregunta determinará o rumbo que tomaremos como especie.

Entón, que é o que vai ser, a humanidade?

Verdades ou mentiras?

Luz ou escuridade?

Un mundo onde podemos ter o poder para render contas coa luz da verdade, ou un mundo onde o poder decida o que é verdade para nós?

Un mundo con liberdade de expresión e unha prensa libre, ou un mundo onde os xornalistas son encarcerados sempre que expoñen os males das institucións máis poderosas do planeta?

Un mundo onde todos loitamos activamente para liberar Assange e facer ese traballo, ou un salto xigantesco e irreversíbel en dirección ao fin da humanidade tal e como a coñecemos?

Liberamos Assange?

Ou sentamos compracentes co noso Netflix e o noso KFC e confiamos nas figuras de autoridade para facer o que é mellor?

Tomamos a pílula vermella?

Ou tomamos a azul?

Escollan o seu camiño, humanos.

Caitlin Johnstone | 2 de marzo.

Artigo traducido e re-publicado co permiso expreso da autora.

A autora

Caitlin Johnstone

Caitlin Johnstone

Xornalista australiana, autora do blogue caitlinjohnstone.com. Defínese como xornalista pícara, anarco-siconauta e poeta guerrilleira. "En 2017 eu conseguín unha conta Patreon e convertinme nunha escritora totalmente financiada pola multitude, que non responde diante ninguén, unha posición privilexiada que exploro ao máximo para dicir cousas que acho que precisan ser ditas independentemente dos tabús contra dicilas".

O bloque da autora

A caza

A caza

Este luns, 24 de febreiro, comezará o xuízo contra Julian Assange, o fundador de WikiLeaks, que podería terminar coa súa extradición aos EUA, mentres durante a fin de semana se suceden as protestas en todo o mundo diante do ataque á liberdade de expresión e outros dereitos que están en xogo neste caso.

Ameaza á vida e á liberdade de Assange

Marga González, membro de Amnistía Internacional, reflexiona neste artigo sobre as condicións do xuízo e as acusacións contra o xornalista Julian Assange.

Deixe um comentário