Gonzalo Trasbach

Licenciado en Filosofía e diplomado en Educación Básica (mestre) pola Universidade de Santiago, traballei durante máis de vinte anos en La Voz de Galicia, xornal co que aínda colaboro na edición do Barbanza cun artigo semanal. Agora exerzo basicamente de xubilado na miña vila, Boiro, onde vivo. Ocupo o meu tempo libre camiñando, nadando, lendo, escribindo, escoitando música e indo ao cine de vez en cando. Tamén achego algunha colaboración á revista dixital Café Barbantia. Son dos que penso que non só somos de onde nacemos ou pacemos, senón que tamén somos o que lemos, o que escoitamos, os cadros que contemplamos, as amizades que cultivamos…

A chamada do ‘Ulises’ de James Joyce

14/06/2018

Hoxe, 16 de xuño, celébrase en Dublín o 'Blooms day', o día no que transcorre a odisea dun home moderno que se relata no 'Ulises', de Joyce, e que acada o seu 114 aniversario. O autor conta como chegou a "unha das máis longas, minuciosas, sincera e auténtica declaración de amor ás xentes dunha cidade calquera e a unha muller".

Licenciado en Filosofía e diplomado en Educación Básica (mestre) pola Universidade de Santiago. Gonzalo Trasbach.

Mitos e pantasmas en Manhattan

20/05/2018

Os rañaceos son, case todos, realmente fermosos. Ardía a tarde de nostalxia cando íamos camiño do aeroporto. Froallaba. Miras atrás e recontas. Os teus mitos son fantasmas esquecidos, reliquias daqueles anos sementados de cascallos. Andy Warhol sorrí, mentras o seu sedento cámara, Gerard Malanga, grava o po salvaxe entre Leonard Cohen e Janis Joplin na escaleira de incendios do Chelsea Hotel.