Gonzalo Trasbach

Licenciado en Filosofía e diplomado en Educación Básica (mestre) pola Universidade de Santiago, traballei durante máis de vinte anos en La Voz de Galicia, xornal co que aínda colaboro na edición do Barbanza cun artigo semanal. Agora exerzo basicamente de xubilado na miña vila, Boiro, onde vivo. Ocupo o meu tempo libre camiñando, nadando, lendo, escribindo, escoitando música e indo ao cine de vez en cando. Tamén achego algunha colaboración á revista dixital Café Barbantia. Son dos que penso que non só somos de onde nacemos ou pacemos, senón que tamén somos o que lemos, o que escoitamos, os cadros que contemplamos, as amizades que cultivamos…

London Calling, 40 anos despois

19/09/2019

Moi afastados de vivir pechados nunha torre de cristal ou de colocar os inmigrantes no punto de mira das súas letras, o que era común nos barrios onde vivían, apuntáronse á marea da diversidade que por entón pululaba por Portobello Road...

Mil días no Courel: vencer o mal abrazándoo

07/09/2019

Houbo un tempo no que algúns homes necesitaban descifrar os signos do destino e para logralo sentían a imperiosa obriga de penetrar en paraxes afastadas e misteriosas. Unha vez alí, acababan descubrindo que aquilo ao que se estaba destinado non se elixía...

Filosofía ou bruxería?

01/04/2019

Na estratexia do guerreiro non contan as vitorias ni as derrotas, os éxitos e os fracasos, só «a natureza das accións. O acto impecable leva en si mesmo a súa propia recompensa». Un artigo de Gonzalo Trasbach sobre Castaneda e 'as ensinanza de Don Juan'.

Walser, o paseante

22/01/2019

"Pero aínda que a súa íntima vocación fose pasar desapercibido, perdido nas catacumbas da indiferenza, a súa escrita non lle permitiu coroar a súa obra magna: a máis absoluta invisibilidade."

A fabulosa colleita do 68

14/11/2018

En novembro de hai cincuenta anos Van Morrison publicou 'Astral Weeks' e os Beatles o 'White Álbum', pero houbo moito máis e moi bo no mellor ano do rock. Un artigo de Gonzalo Trasbach.

mar, pesca, naufraxio, Cabo Razo, Trasbach

O ‘Cabo Razo’ na lembranza

07/08/2018

Era un día das festas na honra da Virxe de Exipto, cuxa capela pertence á parroquia de Abanqueiro, en Boiro. Todo o demais cae no reino da conxectura ou dentro das ficcións dunha memoria que, sesenta anos despois, segue sen esquecer a traxedia que se abateu sobre nós naquela data de infausto recordo.

Crítica ensaio

Nas esquinas perdidas e deprimidas das periferias

05/07/2018

Festa do pensamento con acento galego en ‘Ética del desorden’. Ignacio Castro Rey (Santiago, 1952) fai tremer os alicerces do armazón filosófico académico. E pon en cuestión de xeito radical os nomes máis representativos que o sosteñen.