María Lois

Vigo, 1970. Doutora en Ciencias Políticas pola Universidad Complutense de Madrid, docente e investigadora na área da Xeografía Política, a Xeopolítica e a Xeografía Cultural. É coordinadora do Comité de Investigación en Xeografía Política e Cultural (RC15) da Asociación Internacional de Ciencia Política (IPSA-AISP). Formou parte do Grupo de Investigación Globalización e Movementos Sociais-GMS (2005-2006), e na actualidade participa en PO-LARTS (The Politics and The Arts), Standing Group de la ECPR (European Consortium of Political Science) e no Grupo de Investigación Espazo e Poder (UCM), que publica a revista Geopolítica(s), da que é subdirectora. Entre as súas publicacións recentes están: “The Politics of Border Heritage: EU Cross-Border Cooperation as Scalar Politics in the Spanish-Portuguese Border” ; e Construir Galicia(s): lugar, elecciones y política nacionalista (2015).

Volveron, e son millóns

26/10/2020

A autora, que participou do proceso como observadora, sinala unha serie de condicionantes das votacións do domingo 18 en Bolivia que non impediron unha participación das maiores da historia boliviana, un 88%, e a ampla vitoria do MAS.

Bolivia: o retorno das loitas diversas

28/09/2020

A autora relata os atrancos no camiño para chegar ás eleccións do próximo 18 de outubro e mostra o seu desexo de que o MAS, en pleno proceso de recomposición interna, volva ser instrumento de expresión das demandas dos pobos e das maiorías sociais do país, confinadas de novo nos últimos meses no espazo insurreccional.