
“O dereito a teito estase conculcando”
"Embotellaron todos eses dereitos colectivos dentro dunha caixa con horario comercial, con policía na porta e cámaras de seguridade e clima controlado. Como nos roubaron iso para privatizalo? E con que descaro deixaron patente que non lle interesabamos nós, as persoas, senón os nosos cartos", di o arquitecto Plácido Lizancos, responsábel do proxecto Empty Coruña.

A toma pola forza da Insumisa esfarela o soño da Marea
A Policía Local e a Nacional reparten golpes no despexo da Insumisa e a maioría dos colectivos veciñais da Coruña mostran na rúa a súa indignación co goberno municipal. Houbo feridos pola mañá e pola tarde. Sangue na rúa e nas redes. A Marea e concelleiras como Rocío Fraga, no albo das críticas. A policía tomando o control. Poñendo a raia aos revoltosos. E o sábado unha manifestación pola defensa do común co goberno municipal sen saber como colocarse na foto. Unha alfombra para o PP.

A tensión entre as dúas forzas en disputa polo modelo de cidade na Coruña que hoxe depende en boa medida do que se decida para o porto reavívase coa resposta cidadá diante dos últimos movementos do Estado e da Xunta. Mañá sábado, 12 de maio de 2018, veciñas e veciños concentraranse diante da Autoridade Portuaria para denunciar o último movemento dos especuladores urbanísticos na cidade.