Nour Boukrou

1997, Dier-ez-Zor (Siria). Refuxiada. Estudante de grado de Arquitectura Técnica e Economía na UDC. Publicou colaboracións literarias nas páxinas do diario sirio Al-Forat.

Fuxindo do Paraíso (Meriam, e III)

30/08/2018

Nour Boukrou completa o relato da fuxida dunha moza siria do horror da guerra. A historia de Meriam condensa algunhas historias de vidas rotas pola perda da familia, do fogar e dunha patria.

“Coida de ti” (Meriam, II)

08/07/2018

Segunda entrega da historia de Meriam. Do que vivíu en Siria antes de fuxir e de como lembra o que alí sucedeu e sucede. Nota da autora: esta historia está baseada en feitos que sucederon realmente.

Meriam (I)

01/06/2018

Eles rin. “A revolución triunfará pronto e o presidente terá que fuxir. Non teñas medo. Que che pasa?” Estou farta. Todos os días escoito o mesmo. Non hai cambios. As cousas só empeoran. Segue morrendo xente. “Eu só quero ir a casa tan pronto como sexa posíbel”. Mohamed advirte que terei que esperar. O camiño é perigoso. Ali conta que a semana anterior, despois da oración do venres, a xente volveu saír e ocupar a praza como de costume. Despois houbo unha explosión. “Remataron os finximentos”, di Ali.