Relatorio de Esculca sobre vulneración de dereitos e liberdades na denominada “Operación Jaro”
O observatorio advirte que no proceso por enaltecemento do terrorismo e disolución de Causa Galiza e Ceivar estase a producir a quebra da liberdade de expresión, do dereito de asociación e de participación política das persoas e grupos acusados. O xuízo comezará na Audiencia Nacional o próximo 19 de outubro.