Tomás Rivera

A Coruña, 1977. Foi redactor e crítico musical en medios independentes. Publicou relatos na revista Contos Estraños e actualmente faino en Tantrum, da que é membro fundador. Colabora con artigos e recensións en revistas como Windumanoth, Hyperspace ou Areal. Participa no podcast El Sótano de Radio Belgrado, coordina o colectivo Inicia Literaria, e administra o blog KindleGarten. Twitter: @tomasrivera_ web: www.kindlegarten.es

Lemmy contra Alphaville, uberización

Lemmy contra Über (sobre economía colaborativa)

21/08/2018

O modelo económico denominado 'economía colaborativa' non é senón a aplicación sistemática dos principios liberais da Escola de Chicago: a total desregularización da actividade económica e dos mercados por parte do Estado, e a non intervención nin lexislación sobre os acordos e contratos entre partes.

literatura, ciencia ficción

Migrantes, alieníxenas e mundos futuros

20/07/2018

Dixo Isaac Asimov no seu ensaio 'O electrón é zurdo' que na ficción científica a predición importante non é o automóbil, senón o problema de aparcalo. Se sentamos e agardamos o tempo suficiente, habemos ver que moitas das anticipacións propostas por este xénero rematan por facerse realidade.