Feminismos: unidade para que?

Erea Blanco

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

O 2018 é considerado o ano no que o feminismo tomou presenza na axenda política, é o ano no que o 8 de marzo ateigou as rúas de mulleres que pararon para reclamar unhas vidas dignas, o ano no que se reabriu o debate da prostitución, o ano dos debates da unidade do movemento feminista, o ano no que se cuestionou o código penal imposto que non protexe ás mulleres…

Mais malia toda esta actividade, no seo do feminismo se está a vivir un debate moito máis forte: o da unidade. Na esquerda galega falouse de unidade desde a orixe, a necesidade de unirmos como pobo para fortalecer as nosas posicións políticas e conseguir a nosa soberanía nacional, sempre se articulou o movemento nacional como un movemento popular e de clase, mais esta visión galega quedou perdida na práctica anos atrás, agás excepcións.

O desgaste dalgunhas políticas e posicións, as medias tintas, os cambios e a realidade material de Galiza se transformou ao longo dos anos nun debate no seo da esquerda sobre unidade que nunca se resolveu, favorecendo sempre ás forzas da dereita galega. Este debate non está resolto a día de hoxe, é un debate moi profundo no que prima referenciarse como clase para podermos saír del.

Este debate sobre a unidade tamén afectou ao feminismo, á visión de unidade que “debemos ter” as mulleres, mais, hai que pensar… A unidade é posíbel? Loitaban polo mesmo Aleksandra Kollontai e Emilia Pardo Bazán? Sinceramente non o creo, e é por iso que temos que reflexionar sobre a sociedade que pretendemos como feministas, a unidade non é real, é un obxectivo imposíbel que aínda provoca máis rupturas. Asumámonos como o que somos.

Protesta en maio pasado na Coruña contra a sentenza no caso ‘La Manada’. @XurxoGuitián

Non é posíbel, desde o meu punto de vista, partillar ideas e pretender construír un movemento feminista forte con quen non aspira realmente a transformar o mundo; non podemos traballarmos pola liberación da muller se non temos a mesma análise da sociedade. Non deberíamos ter que asumir tantas contradicións, non podemos soñar cunha unidade completa que nunca vai acadar unha posición política que agrade a todas, si, temos que estar unidas mais non dese xeito.

Non é posíbel, desde o meu punto de vista, partillar ideas e pretender construír un movemento feminista forte con quen non aspira realmente a transformar o mundo. Asumámonos como o que somos.

O movemento feminista no que eu acredito non ten perspectiva estatal, é un feminismo de clase, nacional e combativo que busca transformar a vida das mulleres, que non acredita no sistema capitalista como un sistema no que poidamos vivir, que é antiimperialista. Este movemento feminista pode partillar espazo con quen non o ve así? Pode, e deber ter accións tácticas con quen apenas partilla obxectivos (por exemplo, o feminismo galego apoiou as mobilizacións estatais para a lei do aborto) mais non quere dicir que esa sexa a nosa axenda política, que as nosas reclamacións sexan as mesmas, que o noso horizonte estratéxico sexa o mesmo, porque non o é, e cunha falsa unión as diferenzas aínda son máis grandes.

Debemos pensar o que queremos e organizarnos onde acreditemos e sabermos que nalgún momento a necesidade dunha unidade estratéxica é real, mais non o poden ser todas as posicións e debemos ser conscientes canto antes disto. Termos claro isto, vainos facer ollar con outras perspectivas o vindeiro oito de marzo, tanto para definir as reivindicacións dese día como para sabermos o futuro para o que queremos traballar como feministas.

Ourense | 14 de decembro.

Erea Blanco

Erea Blanco

Ourense, 1996. Estudante na Facultade de Filoloxía da UDC. Militante de Isca! e activista da Marcha Mundial das Mulleres.

Sexo con afectos

Autocoñecemento e afectividade son dous dos piares que debían facer parte dunhas relacións sexuais saudábeis para o que se precisa información e formación.

prostitución, sexo, escravitude, proxenitismo

Ler devagar: muller-sen-valor-humano

“O consumidor de prostitución é o máis claro defensor do sistema patriarcal, é o primeiro que asimila que unha muller é un produto de mercado e que non ten valor humano.”
Un artigo de Erea Blanco.

Criadas para a precariedade

Estudar o que queremos fóra da casa é mesmo unha fantasía máis que unha posibilidade real se non queremos aumentar a débeda familiar. Unha combinación entre estudos e traballo semella ridículo e inviábel e ten como final máis probábel deixar os estudos.

Ilustración de Alberte Murado.

Nove maneiras máis de ser muller

Sorprende que a estas alturas sigamos con reclamacións de hai 107 anos. Pero seguimos cunha fenda salarial e os traballos que se nos ofrecen son non cualificados, mal pagados e temporais, o que nos obriga a emigrar ás mozas e deixa ás adultas o labor dos coidados familiares.

Deixe um comentário

Deixe um comentário