
Meirás, a porta que tardou en se abrir
Así chegou a sentenza que anula a propiedade dos Franco sobre o Pazo de Meirás e ordena á familia devolver o ben.

Nunha sentencia histórica, o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña dá a razón ás institucións públicas na demanda contra a familia Franco e ordena a devolución sen indemnización do Pazo de Meirás ao dominio público. Meirás representa hoxe o triunfo da tenacidade. Despois de corenta e pico anos na batalla pola verdade, a xustiza e a reparación, un grupo amplo e heteroxéneo de activistas, políticas, avogadas e investigadoras galegas obteñen unha vitoria decisiva para a loita pola memoria histórica. "Galiza e o Estado son hoxe un chisco máis democráticos", apunta o historiador Carlos Babío, cuxo traballo deu ao fin coa chave para a recuperación de Meirás.

Chegou o momento de recuperar Meirás
Gonzalo Vázquez Pozo e Pura Barrio presentaron na Coruña a moción de Esquerda Galega redactada por Manuel Monge en marzo de 1982 na que reclamaban a devolución gratuíta do Pazo. Eles comezaron a batalla por Meirás.

“Meirás é a porta para que se repare o enorme e sistemático espolio que se cometeu neste país”
Fernando Souto, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, pensa que Meirás ficou fóra da axenda dos partidos estatais.