Anxo Carracedo

A Coruña, 1970. é licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como xornalista en Diario 16 e como redactor e editor en diversos medios e axencias de comunicación. É autor dos blogs Artefloralpararrumiantes (www.artefloralpararrumiantes.wordpress.com) e Microdespertares (www.microdespertares.wordpress.com). Ten publicado colaboracións nas revistas dixitais españolas Laduda.net e Caja de Resistencia, e na mexicana Monolito. Vén de sair do prelo o seu primeiro libro de poemas, titulado La tarde libre.

En destaque

Lixo

Últimos artigos
Anxo Carracedo (A Coruña, 1970)

Colapsos de verán

06/09/2018

Sobre o Marisquiño en Vigo, o carril-bici na Coruña e o prezo da luz e outras cousas públicas. Un artigo de Anxo Carracedo.

Migracións, dereitos, Senegal

Valados

15/07/2018

Pensei tamén que aquela horta cercada se parecía á nosa Europa, ben valada para impedir o acceso dos estraños. Pensei tamén que se cadra non é o estranxeiro a causa de que se levante o valado, senón que é o valado a causa de que eu vexa ao outro como un estraño. Un artigo de Anxo Carracedo.

Anxo Carracedo (A Coruña, 1970)

O conto que contaches e a profecía de Fernández Mallo

01/06/2018

Con Facebook, Twitter e demais, a verdade determínase polo consenso dos “Gústame”. É o que eu chamo o réxime megustacrático, unha especie de democracia 4.0 no que o teu conto vale tanto como os clics dixitais de aprobación que consigue sumar, e na que cousas como a ortografía e a presunción de inocencia son antigüidades pendentes de poxa, lastres dos que xa nos temos librado. Onde o vello Platón situaba o Ben, como cúspide do mundo das Ideas, as redes sociais poñen a manciña co polgar cara arriba.

Anxo Carracedo (A Coruña, 1970)

Pacto familiar

03/05/2018

Este sábado tócame ir a Balaídos para honrar un acordo que hai máis ou menos un ano alcancei cos meus curmáns: converter os partidos entre os dous grandes equipos de fútbol galegos nunha ocasión para a reunión familiar. Vémonos pouco, como se os 150 quilómetros que separan A Coruña de Redondela fosen unha distancia sideral, así que calquera desculpa é boa para marcar no calendario unha xuntanza obrigatoria. A falta de vodas, bautizos e comuñóns, que na miña familia escasean ultimamente, ben vale o fútbol.