Erik Dobaño

Xornalista. Editor do Adiante.

O Sergas fomenta a propaganda mentres veta a protesta

05/02/2020

A Xunta emite un vídeo promocional do investimento en novas infraestruturas na cidade nas pantallas das salas de espera de centros sanitarios da Coruña. Hai apenas unha semana prohibiu colocar carteis “críticos” nas instalacións do Sergas porque van “en contra do principio de neutralidade das institucións".

A violencia imposible

30/01/2020

A personaxe de Arthur Fleck está atravesada por mil violencias coma se fora un boneco vodú cheo de alfinetes. O punto do que parte a historia xa sería motivo de malestar e sufrimento sen necesidade dun trastorno mental diagnosticable, pero se hai unha estrutura clara no filme é a crecente acumulación. Aparece unha tensión con dúas posibilidades de final: o suicidio de Arthur Fleck ou o nacemento de Joker.

Gaña Touro, a guerra segue

29/01/2020

Militantes ecoloxistas valoran a decisión da dirección xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático de emitir unha declaración de impacto ambiental negativa con relación ao proxecto de actualización da explotación da mina de Touro.

Un ano despois, Blanco (PSOE) e Pastor (PP) seguen zafando

21/01/2020

A comisión de investigación sobre o accidente de Angrois cesou no Parlamento español a principios de febreiro de 2019 coas declaracións a porta fechada dos ex ministros de Fomento. Aquí unha escolma dos argumentos cos que continúan eludindo calquera responsabilidade.

Feixoo salva Verín de Feixoo

12/01/2020

A primeira liña de batalla na defensa da sanidade pública diante do asalto privatizador estivo estas semanas en Verín. Aquí, o relato dunha crise na que hai que atender á cronoloxía para entender como Feixoo salvou Verín de Feixoo. O que non explica é se Verín se salvará do PP.