Actualidades

O que pasa cada día conta, o que ocupa o tempo da xente importa.

“Por vez primeira o Estado demanda ao franquismo nos tribunais”

12/07/2019

Carlos Babío, coautor de 'Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio', a peza clave na demanda contra os Franco: “Meirás foi un asunto mal pechado na chamada transición democrática e agora estase tratando de resolver. Isto racha co relato que o Estado mantiña até o momento respecto da transición".

A luita polo monte: reconquistando terreno ao fatalismo

17/06/2019

De cada dous passos que dá um galego, um dá-o, se fixermos caso às cifras oficiais, sobre terreno calcinado. Ao longo das últimas quatro décadas, mais da metade do território nacional foi pasto das lapas. A desfeita ambiental consumada polo lume foi paralela a um processo doloroso de abandono acelerado das aldeias, monoculturas arvóreas, desestruturaçom do território e perda irreversível de um tesouro patrimonial que nos custa conceber em toda a sua dimensom.

Mitos e mapas do país bisagra

25/01/2019

Unha conversa con Manuel Miragaia e o seu libro 'Galeguia, antes chamada Lusofonía', que reivindica a maternidade da lingua e un lugar 'central', ou cando menos sentimentalmente central, nun mundo que aínda hoxe parece alleo.