
“Nas universidades estamos pensando todas o mesmo porque a imaxinación foi expulsada”
Mafe Moscoso, antropóloga que investiga novas metodoloxías de coñecemento, advirte que a práctica decolonial pasa por cuestionar a hexemonía branca.
Buscamos axentes do cambio, testemuños que desmontan o dado por sentado.

“Nas universidades estamos pensando todas o mesmo porque a imaxinación foi expulsada”
Mafe Moscoso, antropóloga que investiga novas metodoloxías de coñecemento, advirte que a práctica decolonial pasa por cuestionar a hexemonía branca.

“A proximidade do colapso pode estimular iniciativas contestatárias que hoje ainda nom vemos”
Entre o pessimismo e certas esperanças razoáveis, Carlos Taibo alvisca um colapso "mais que possível" e confia no abrolhar de novos movimentos, muito além da agenda institucional e da crítica superficial da intelectualidade.

“Na Galiza somos incapaces de construír espazos comúns de disidencia”
Dionisio Pereira explica a relación histórica entre o obreirismo e o nacionalismo galego e fala sobre o elemento anticolonial do galeguismo.

“Por primeira vez na miña vida, sinto que podemos acabar coa violencia machista”
"Sempre pensei que a violencia machista era un sistema de poder que o enchía todo, un gran monstro", di Itziar Ziga nesta segunda parte da entrevista na que lembra a violencia cotiá na súa experiencia familiar.

“Falar desde ese lugar de servizo público é un trazo diferencial”
A xornalista e poeta Ana Romaní, recoñecida polo seu labor profesional e o seu compromiso social e feminista, segue a construír trincheiras de resistencia, unha labrega da cultura que traballa os sucos identitarios dun país.

“O patriarcado síntese ferido de morte; e fai ben porque o está”
Itziar Ziga, xornalista, transfeminista e precaria vén dunha historia familiar de violencia machista. Séntase co adiante.gal nun hotel preto do lugar motivo das súas últimas visitas a Galiza. Un cárcere.

“Perseguir proxenetas non dá medallas, non cotiza entre a xudicatura”
Ana María García, avogada viguesa que traballa na Asociación Faraxa e defende mulleres vítimas de TSH [Trata de Seres Humanos].

"No BNG non estamos en contra da agricultura, pero si que hai que darlle un tratamento aos residuos. Mesmo hai posibilidades de crear emprego con esa labor… A culpa xa non é só do labrego, a Administración non está facendo nada. Eu creo que a Xunta está porque en Ourense se queime o monte e esmorezan os ríos. Non lles importa porque non hai tantos votos."

“Noutros lugares a música está nos cancioneiros, pero nós témola viva”
Mercedes Peón senta unha tarde de finais do verán na terraza dun café no centro de Betanzos disposta a falar de todo, pero quitándose importancia.

“Unha cousa é dignificar a lingua e outra, a pedantería”
“Había que ser escura para que te consideraran boa”, di Uxía Casal, escritora e mestra retirada, e asegura que non fai parte do sistema literario galego mentres agradece a acollida de 'Saturno tamén é deus', un libro de relatos de hai vinte anos que Urco rescatou para goce dunha nova xeración de escritoras e lectoras.