Emma Pedreira

A Coruña, 1978. Filóloga, escritora e membro da Plataforma de Crítica Femista A Sega. Como narradora publicou Bibliópatas e fobólogos e Corazón e demais tripas. Como poeta, O libro das mentiras, S/T, entre outros títulos. Na vida real traballa, concilia, observa e rosma (a man e a máquina). Vén de publicar Antídoto, que en 2017 recibiu o premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba, e sae publicado agora en versión bilingüe galego-castelán.

Glosario feminista de peto

24/12/2018

EMMA PEDREIRA ofrece un breve glosario de termos feministas recortable, encartable e de peto, para que poidan levalo sempre e sacalo como medio de consulta ante calquera dúbida.

Emma Pedreira, colaboradora na sección OPINIÓNS de adiante.gal

Falar desde a frustración

06/11/2018

Falar desde a frustración ten camiño de amargura. Primeiro a incontención no crerse mellor e despois a cegueira. Falar desde a frustración é rosmar.

Emma Pedreira, colaboradora na sección OPINIÓNS de adiante.gal

Que levas posto?

23/09/2018

O problema está noutra parte, o que falla é o corpo que invade, a mente que agride. O suxo non está nos corpos que se expoñen senón nas mentes que toman isto como convites á invasión e ao 'des-respecto'. O problema non é o que levas posto.

Emma Pedreira, colaboradora na sección OPINIÓNS de adiante.gal

A literatura e os sete pecados capitais

22/07/2018

Mais o pecado que nos define se non entramos neste círculo de pracer, aquel pecado que non limita con nós senón que nos reboza (porque o primeiro exercicio para a casa en primeiro de poeta é facer a croqueta sobre os éxitos do resto da xente) é...

46 mulleres máis

20/06/2018

Catro mulleres no Día das Letras Galegas son poucas? Son, si, pouquísimas. Pensade que, para resarcirnos e equiparanos á presenza masculina haberá que celebrar sen pausa, unha tras outra, autoras galegas durante corenta e seis anos seguidos. Un artigo de Emma Pedreira.

Emma Pedreira, colaboradora na sección OPINIÓNS de adiante.gal

Cidades a contrapelo

07/05/2018

Mentres que a estatuaria cívica representa homes de todas as pelaxes, de primeira, segunda, terceira filas e mesmo de retagarda ou absolutamente anónimos –até o can do cego ten o seu propio monumento, e xenial que así sexa- só tres ou catro mulleres están acompañadas polo seu nome, apelidos e fazañas, cricas testemuñais da pedra ou do bronce e, ás veces, que estean aí fíxose a regañadentes. Unha María Pita coruñenta obrigatoria, un par de donas Emilias e de Rosalías ciscadas por aí, sedentarias, lánguidas, con atributos mixiriqueiros de flor, pluma, novelita ou arpa, poetisas, que se di con certo puag. Nada de representalas en pé, traballando ou botando a pacer lingua e enxeño con ferramentas que impliquen algo máis que aburguesamento e fasquío.

Emma Pedreira, colaboradora na sección OPINIÓNS de adiante.gal

#8M

06/03/2018

Teño a casa chea de merda e purpurina. Roupa por encartar. Louza que non chouta soa do lavalouza aos andeis nin á inversa. Libros por ler, por escribir. Cadela que pasear, nenas que queren escoitar contos, miramamá, miraquefago. Teño sobre min o eco rebotante de típicas frases de nai, enunciadas por todo tipo de xente que nin o é: vaitecomeramerda, acasaésempreoúltimonosdeberes (deberes?).