Entrevistas

Buscamos axentes do cambio, testemuños que desmontan o dado por sentado.

“O contexto é favorábel o independentismo e as crises hai que aproveitalas”

03/12/2020

“O noso pobo funciona desa maneira, con momentos de calma e momentos de golpes cara adiante. Estamos nun momento de cambio”, advirte Cris Rodrigues, portavoz de Causa Galiza, organización pendente dun proceso xudicial no que o Estado reclama a súa ilegalización e nove dos seus militantes están ameazados con penas de cadea. Mentres, a labor da toupa continúa. “Estoupará todo e ninguén saberá explicar ben que pasou. Foi a toupa”.