
“A consulta telefónica pode axudar, mais nunca substituír á atención presencial”
“Tiñamos mitificadas a tecnoloxía e a farmacopea como solución a todo e atopamos que as únicas solucións pasan polo lavado das mans, as máscaras e a distancia social”, di Luís Álvarez, enfermeiro en Atención Primaria.

A devastación do servizo sanitario alcanza Corrubedo
A veciñanza empeza a se defender diante da ameaza de quedar sen médico, despois de que o Sergas teña reducido as horas de atención, primeiro coa escusa do coronavirus e, máis tarde, de que non topa substitutos.

“Todas as loitas no rural comparten un obxectivo, que a xente non teña que marchar”
Entrevista a Aurora Sola, portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei.

O Sergas fomenta a propaganda mentres veta a protesta
A Xunta emite un vídeo promocional do investimento en novas infraestruturas na cidade nas pantallas das salas de espera de centros sanitarios da Coruña. Hai apenas unha semana prohibiu colocar carteis “críticos” nas instalacións do Sergas porque van “en contra do principio de neutralidade das institucións".

Tres mortes, dúas comisións e centos de médicos angustiados
“A situación asistencial está nun punto de enfermarnos”, confesa unha médica de Primaria. O Servizo Galego de Saúde naufraga. “Temos a mellor sanidade pública que nunca tivemos no noso país”, insiste o PP.

Os médicos xa non poden garantir a saúde da poboación
ALERTA NA SANIDADE PÚBLICA | 22 xefes de servizo de Atención Primaria da área de Vigo presentan a súa dimisión esgotados e sen motivación, e para non seguir sendo cómplices do deterioro.

Deserción da xerencia; autoorganización das enfermeiras
O persoal da sanidade pública galega ten que organizarse por conta propia e botar horas extra para atender as demandas das e dos pacientes mentres os xestores miran para outro lado. O persoal mingua; mentres a demanda é cada vez máis intensa polo avellentamento da poboación. Inevitabelmente, a calidade da atención baixa. E ese é o argumento utilizado polos xestores para avanzar no asalto privatizador á sanidade pública.

A roupa colma a paciencia das auxiliares en Vigo
O conflito das auxiliares de enfermaría no Álvaro Cunqueiro revela o desleixo coas profesionais públicas da Administración, máis preocupada por acelerar a privatización dos servizos que por garantir unhas condicións de traballo dignas e uns coidados aos pacientes adecuados. As auxiliares quéixanse de que todo, condicións e coidados, se rebaixaron desde o traslado ao novo hospital no 2015.
