Opinións

O que pensamos en alto.

Anxo Carracedo (A Coruña, 1970)

Pacto familiar

03/05/2018

Este sábado tócame ir a Balaídos para honrar un acordo que hai máis ou menos un ano alcancei cos meus curmáns: converter os partidos entre os dous grandes equipos de fútbol galegos nunha ocasión para a reunión familiar. Vémonos pouco, como se os 150 quilómetros que separan A Coruña de Redondela fosen unha distancia sideral, así que calquera desculpa é boa para marcar no calendario unha xuntanza obrigatoria. A falta de vodas, bautizos e comuñóns, que na miña familia escasean ultimamente, ben vale o fútbol.

Baldo Ramos (Celanova, 1971). Poeta e artista plástico.

Pedra e alquitrán

01/05/2018

Sorprende a actualidade dalgúns escritos. Celanova, 1933. O texto que abría o primeiro e único número daquel xornal levará por título “O nacer”. Dicía alí o mozo Celso Emilio: “nistes intres estóricos e in-quedantes, n-istes intres de fondas transformacións, n-os que parés que o goberno da Repúbrica se dispón a trocar á Hespaña federabre n-unha Hespaña federal, é perciso que Galiza amostre o perfil rexo e inconmovibel da súa personalidade, para que non lle sexan negadas unhas liberdades secularmente areladas”.

Medios en galego para o século XXI

30/04/2018

Estoupidos de rabia en forma de geyser das sociedades da era dixital. O traballo autónomo, a nova unidade psicolóxica do ser humano. Son as consecuencias da globalización que pese a todo, tamén abre oportunidades no sector dos medios de comunicación rebeldes. A media é de 24.622 galegofalantes para cada medio en lingua galega. Con esa realidade, os medios en lingua galega enfróntanse ao reto de mellorar a súa coordinación, aproveitar as sinerxías respectando as singularidades e o pluralismo.

Diego Lores.

Vigo: Mad Max ou Totoro

28/04/2018

Vivimos con tres crianzas. Supoño que por iso, tamén por estares de aniversario hai uns días, comezo a me preocupar polo futuro. Cavilo sobre como será o Vigo nas seguintes décadas. Matino sobre como afectará o que está a acontecer na cidade nestes anos.

Zhour Boukrou. Refuxiada, vive coa súa familia en Galiza desde o 2016.

O xogo da morte

27/04/2018

Pode que a miña historia non teña interese ou che pareza incríbel. O que conto é verdade; dígocho porque o vivín, vino e está probado. Vivímolo a miña nai, meus tres irmáns e eu. Primeiro foi a guerra civil entre o goberno sirio e o chamado exército sirio libre. E a xente confinada entre as dúas forzas.

Xornalista e comunicadora especializada en acción social, cooperación, xénero e cultura.

Santiago no dodecaedro

25/04/2018

Aquí medrei. Aos poucos, fun descubrindo que os turistas e peregrinos viven o seu propio Santiago e, aínda que se cruzan cos composteláns, están en distintos planos da mesma cidade sen chegaren nunca ou case nunca a tocarse. É curioso que a súa meta, despois de longos percorridos cruzando os mapas, lles ofreza tan pouco que apenas pasen nela un día ou dous.

Eduardo Rodríguez, colaborador na sección OPINIÓNS de adiante.gal

Fetichismo cultural: do Vindel ao dinoseto

15/03/2018

Tras o éxito que supuxo para a cidade o préstamo temporal do manuscrito Vindel ao Museo do Mar de Galicia, desde o goberno municipal xorde a iniciativa de solicitar o traslado definitivo da peza a Vigo, petición que se inscribe no marco dun conflito máis amplo entre o Concello e a Xunta. Porén, a lectura non ten que ser tan só en chave partidista: o relevante é a 'cousificación' e a banalización do noso patrimonio cultural.

Ximena González, co-editora de adiante.gal e activista feminista.

8M: Un encontro afortunado ou un desafío ao status quo?

12/03/2018

Unha reflexión en torno á folga internacional de mulleres do xoves pasado e as dúas preguntas que xorden desde a sociedade e os poderes públicos. O feminismo lanzou un desafío político con poucos precedentes: dirixirse á sociedade, ao ámbito do persoal e íntimo e ás institucións a un tempo e desde diferentes voces e propostas.

Emma Pedreira, colaboradora na sección OPINIÓNS de adiante.gal

#8M

06/03/2018

Teño a casa chea de merda e purpurina. Roupa por encartar. Louza que non chouta soa do lavalouza aos andeis nin á inversa. Libros por ler, por escribir. Cadela que pasear, nenas que queren escoitar contos, miramamá, miraquefago. Teño sobre min o eco rebotante de típicas frases de nai, enunciadas por todo tipo de xente que nin o é: vaitecomeramerda, acasaésempreoúltimonosdeberes (deberes?).