Erik Dobaño

Xornalista. Editor do Adiante.

Touro ábrese a un outro futuro

03/03/2021

A Administración emite a resolución que impedirá a ampliación da mina. “Prendeu para sempre a conciencia medioambiental”, din desde a plataforma. A mina segue contaminando e nada se sabe aínda do plan de restauración.

O golpista que veu chantar unha cruz na vila de seu pai

02/03/2021

Ríos Capapé recibiu orde de sublevarse o 16 de xullo do 36, entrou en Madrid (antes que ninguén) á fronte da 18ª División encabezada pola Bandera de Falange de Marruecos, e rematada a guerra trouxo a tropa pasar o verán en Celanova, onde nacera seu pai. Foi un verán sanguento, con dous fitos: unha cruz e unha matanza.

Verspargelung na Galiza

24/02/2021

A empresa estatal norueguesa de enerxía asalta o Macizo Central en medio da fraqueza institucional que deixa á intemperie aldeas, os seus últimos habitantes, a paisaxe e os montes máis vellos do país.

A memoria do país pide a retirada da cruz falanxista de Celanova

16/02/2021

Méndez Ferrín, Alonso Montero, os fillos de Celso Emilio, Pepe Velo e Luís Soto, máis de 50 entidades e colectivos que traballan pola memoria histórica e os principais historiadores e investigadores do país, entre as máis de 200 sinaturas que apoian a iniciativa do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.

Vilar de Barrio levanta a bandeira contra os eólicos

12/02/2021

A corporación acorda opoñerse o proxecto do megaparque no Macizo Central impulsado pola empresa norueguesa Statkraft que pretendía chantar 28 aeroxeradores de até 130 metros de altura e infraestruturas de acceso e evacuación de enerxía nun área que afecta a dez concellos ourensáns.