
Presentouse o Movemento Arredista
Hoxe, no parque de Bonaval de Compostela, presentouse publicamente o Movemento Arredista, a organización política surxida do proceso constituínte 'Sumarmos forzas pola ruptura', iniciado en outubro de 2020.

Greenpeace denunciou que a fosa, un espazo de 2.500 quilómetros cadrados e 4.700 metros de profundidade, situado a 370 millas náuticas do litoral galego, era a entulleira de oito países. Esquerda Galega púxose en contacto cos ecoloxistas para organizar unha expedición conxunta. Era o ano 1981.

Olga Novo, perdoa se che digo…
"Perdoa este meu atrevemento. Rescatas para nós o que non ollamos cando derramas un manto de luz sobre o que outros non vemos, ou o que está esquecido ou xa non lembramos". Un artigo de Gonzalo Trasbach sobre o libro 'Feliz Idade'.

Xa é oficial: na Limia hai un problema, pero non hai solución á vista
O goberno recoñece que "a sobreexplotación do gando na rexión" con "exceso de xurros e esterco" provoca unha "contaminación difusa da auga por nitratos e carbono", pero a Xunta non fixo nada para deter estas prácticas.

As explotacións intensivas seguen medrando a pesar da contaminación por xurros
A maioría das avaliacións ambientais aprobadas nos últimos anos son para a expansión das granxas avícolas nos polos dos centros. A Sociedade Galega de Historia Natural considera urxente declarar unha moratoria na tramitación das solicitudes de instalación ou ampliación de explotacións gandeiras establecidas na Limia.

Touro ábrese a un outro futuro
A Administración emite a resolución que impedirá a ampliación da mina. “Prendeu para sempre a conciencia medioambiental”, din desde a plataforma. A mina segue contaminando e nada se sabe aínda do plan de restauración.

O golpista que veu chantar unha cruz na vila de seu pai
Ríos Capapé recibiu orde de sublevarse o 16 de xullo do 36, entrou en Madrid (antes que ninguén) á fronte da 18ª División encabezada pola Bandera de Falange de Marruecos, e rematada a guerra trouxo a tropa pasar o verán en Celanova, onde nacera seu pai. Foi un verán sanguento, con dous fitos: unha cruz e unha matanza.


