adiante

Magacine de intereses galegos.

Responsabilidade e xustiza

13/04/2021

“De novo unha cuestión boliviana sitúa á rexión e ás organizacións internacionais ante o seu espello. Atentar contra a democracia require respostas, e garantías para a non repetición.” Un artigo de María Lois.

Presentouse o Movemento Arredista

25/03/2021

Hoxe, no parque de Bonaval de Compostela, presentouse publicamente o Movemento Arredista, a organización política surxida do proceso constituínte 'Sumarmos forzas pola ruptura', iniciado en outubro de 2020.

Viaxe á Fosa Atlántica

24/03/2021

Greenpeace denunciou que a fosa, un espazo de 2.500 quilómetros cadrados e 4.700 metros de profundidade, situado a 370 millas náuticas do litoral galego, era a entulleira de oito países. Esquerda Galega púxose en contacto cos ecoloxistas para organizar unha expedición conxunta. Era o ano 1981.

Touro ábrese a un outro futuro

03/03/2021

A Administración emite a resolución que impedirá a ampliación da mina. “Prendeu para sempre a conciencia medioambiental”, din desde a plataforma. A mina segue contaminando e nada se sabe aínda do plan de restauración.

O golpista que veu chantar unha cruz na vila de seu pai

02/03/2021

Ríos Capapé recibiu orde de sublevarse o 16 de xullo do 36, entrou en Madrid (antes que ninguén) á fronte da 18ª División encabezada pola Bandera de Falange de Marruecos, e rematada a guerra trouxo a tropa pasar o verán en Celanova, onde nacera seu pai. Foi un verán sanguento, con dous fitos: unha cruz e unha matanza.

Verspargelung na Galiza

24/02/2021

A empresa estatal norueguesa de enerxía asalta o Macizo Central en medio da fraqueza institucional que deixa á intemperie aldeas, os seus últimos habitantes, a paisaxe e os montes máis vellos do país.