Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas
Na acción, coordinada a nivel estatal, outras organizacións rexistraron a solicitude de moratoria en 14 localizacións máis do Estado.
redacción adiante | Ourense | 15 de outubro de 2021. Baixo o lema baixo o lema Stop Gandaría Industrial, Moratorias Xa, a Plataforma veciñal Auga Limpa Xa!, xunto ao Movemento Ecoloxista da Limia (MEL), a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, Amigos da Terra, Verdegaia e a Federacion Ecoloxista Galega (FEG), organizadas baixo o paraugas da Coordinadora Stop Gandería Industrial, manifestáronse este venres diante da Xefatura Territorial de Medio Rural e no rexistro do Edificio Administrativo da Xunta en Ourense, para denunciar a proliferación de instalacións de gandaría industrial na Galiza.
Durante a concentración, os activistas exhibiron mostras de auga contaminada polos efectos da gandaría industrial que producen un grave impacto ambiental, salientando a proliferación de toxinas no encoro das Conchas, na Baixa Limia, convertido no sumidoiro da gandería industrial limiá.
Segundo informa Verdegaia nun comunicado: “Para as entidades convocantes, o máis grave é que os organismos competentes, que deberían velar polo interese da maioría, están a colaborar coa gran industria cárnica. Proba disto é a tramitación por parte da Consellería do Medio Rural dun novo cebadeiro industrial de 8.000 porcos en Lobaces (Trasmiras) nunha zona facilmente inundábel e que xa ten unha alta concentración de nitratos. Esta nova explotación disporá como base territorial para desfacerse dos xurros producidos (máis de 30.000 toneladas) parcelas en superficie protexida ZEPA, cousa totalmente contraditoria coa intención manifestada publicamente polo conselleiro de reducir a carga gandeira na Limia”.
Ecoloxistas e veciñas solicitan unha reunión co Conselleiro do Medio Rural, mentres promoven a declaración dunha moratoria á concesión de licenzas destes proxectos industriais, “polo menos até que exista un plan estratéxico que estableza a carga gandeira máxima para cada comarca e se cumpran as normativas”.
Na acción, coordinada a nivel estatal, outras organizacións rexistraron a solicitude de moratoria en 14 localizacións máis do Estado e realáronse concentracións similares noutros puntos.
Lumes, porcos e políticos
Acto de intimidación en Xinzo da Limia
“As macrogranxas contaminan, expulsan poboación e precarizan o emprego”
“Parece que Coren quere aplicar por si mesma a lei mordaza”
Outras novas
Recadación de fondos para crear o Bosque da Lingua nos Montes de Couso
O aparato de propaganda dos xigantes eólicos sae a escena
Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas
Outras novas
Recadación de fondos para crear o Bosque da Lingua nos Montes de Couso
O aparato de propaganda dos xigantes eólicos sae a escena
Ecoloxistas exixen en Ourense moratoria para frear as macrogranxas