
“Somos todos un, somos todos irmáns, porque a cultura une”
A Assembleia Nacional Galega acaba de nomealo Estudante Galeguista do Ano, coordina o programa 'Grandes Vozes do Nosso Mundo' en Radio Burela, Marco Pereira Oliveira di que van desaparecendo os prexuízos arredor da súa cegueira e acredita nun xornalismo libre.

“A relaçom com as leitoras é parte fundamental para que o projeto tenha sentido”
Uma revista feminista de criação coletiva que em cada número abre sua redação para a participação das leitoras e a contribuição de reflexões dos mais diversos do movimento feminista galego.

“Se Nós TV foi progresando foi grazas ao compromiso do colectivo”
Televisión local, comunitaria e en galego. Nós Televisión iniciou a súa andaina en 2013 na comarca de Deza e, cinco anos despois, segue a camiñar.

“A vantaxe dun medio como o noso é que podemos tratar case que todos os temas”
É o xornal de información en galego máis popular na Rede e nas Redes. En cinco anos consolidou un espazo propio na web demostrando que hai lugar para apostas tan arriscadas como facer divulgación científica en galego. Eduardo Rolland é editor e codirector de Gciencia.

“Queremos axudar a construír un espazo galego de comunicación”
"Non queremos ser o centro, senón construírmos entre todos ese espazo galego de comunicación que agora mesmo no caso do papel non existe", di Xoán Costa, presidente de 'Sermos Galiza', promotor de 'Sermos O Diario Galego', que anda presentando estes meses por todo o país co obxectivo de sumar, antes de final de xullo, 3.000 subscricións ao proxecto dun xornal galego en papel.

Joan Vila: “O xornalismo debe ser un dereito social, mesmo como o dereito á vivenda”
“En realidade o xornalismo independente non existe, porque ao final rematas dependendo de alguén”. O que buscaban, e seguen nela, é depender “da xente, da cidadanía”, explica Joan Vila, un dos tres fundadores de Crític, un medio catalán de xornalismo lento que se sostén con publicidade e as achegas dunhas 1.600 subscritoras e subscritores. "Os xornalistas debemos traballar en Internet da man da sociedade, buscando o contacto coas lectoras e lectores", di.

"Para nós, facer xornalismo feminista no ten que ver só cos contidos, tamén cos procesos, coas estruturas internas: desde como coidas a unha persoa que entrevistaches (o seguimento, como te preocupas de que efecto ten na súa vida saír no teu medio) a quen limpa o baño na redacción ou como nos relacionamos con outros medios".
