
Nace Estreleira.gal e inza o país de bandeiras
En defensa dunha soberanía conculcada, o colectivo pretende visibilizar a nosa identidade e a nosa loita secular.
O que pasa cada día conta, o que ocupa o tempo da xente importa.

Nace Estreleira.gal e inza o país de bandeiras
En defensa dunha soberanía conculcada, o colectivo pretende visibilizar a nosa identidade e a nosa loita secular.

Presentouse o Movemento Arredista
Hoxe, no parque de Bonaval de Compostela, presentouse publicamente o Movemento Arredista, a organización política surxida do proceso constituínte 'Sumarmos forzas pola ruptura', iniciado en outubro de 2020.

O golpista que veu chantar unha cruz na vila de seu pai
Ríos Capapé recibiu orde de sublevarse o 16 de xullo do 36, entrou en Madrid (antes que ninguén) á fronte da 18ª División encabezada pola Bandera de Falange de Marruecos, e rematada a guerra trouxo a tropa pasar o verán en Celanova, onde nacera seu pai. Foi un verán sanguento, con dous fitos: unha cruz e unha matanza.

Apropiación falanxista de símbolos cristiáns
Un artigo de Pablo Sánchez, do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.

A memoria do país pide a retirada da cruz falanxista de Celanova
Méndez Ferrín, Alonso Montero, os fillos de Celso Emilio, Pepe Velo e Luís Soto, máis de 50 entidades e colectivos que traballan pola memoria histórica e os principais historiadores e investigadores do país, entre as máis de 200 sinaturas que apoian a iniciativa do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.

Vilar de Barrio levanta a bandeira contra os eólicos
A corporación acorda opoñerse o proxecto do megaparque no Macizo Central impulsado pola empresa norueguesa Statkraft que pretendía chantar 28 aeroxeradores de até 130 metros de altura e infraestruturas de acceso e evacuación de enerxía nun área que afecta a dez concellos ourensáns.

“Queremos ter contacto directo cos nosos, sen limites de días nin de tempo”
Familias de usuarias reclaman a normalización do réxime de vistas ás residencias. Vellez Digna, Faudema e ADUR fedéranse a nivel galego para unir forzas na loita contra o abandono dos maiores e por un novo modelo de atención.

Contra o cárcere dentro do cárcere
Esculca pide acabar co réxime de confinamento solitario nas prisións do Estado español.