Luz Fandiño agasalla con bonecos de la ás amigas e amigos máis mozos. O salón da casa de Luz está cheo deles. Hai tamén un retrato de Lenin e un cadro sombrío. O cadro, explica Luz, representa unha rolda da Santa Compaña. “Pero repare nel. A morte preñada de vida”.
"Pase ao meu despacho". O despacho de Luz Fandiño, serventa, poeta, revolucionaria, 86 anos, pelo curto e branco, mirada áxil, falar mastigado como quen pensa unha vez e media e escoita o que di antes de dicilo, aquela moza “ignorante, pero non parva” que marchou a Arxentina fuxindo da fame e do medo, está na cociña dun cuarto piso dunha rúa céntrica de Compostela, a cidade á que regresou pasados os anos.
Valeria Bello, experta en relaciones étnicas e seguridade internacional, explicou en Acampa que as previsións son bastante alarmistas. “A comezos de ano publicouse un estudo que relaciona o aumento da temperatura co aumento das peticións de asilo en Europa. No escenario máis favorable, cada ano haberá máis de 600.000 peticións máis de asilo das que xa hai debido á suba da temperatura no planeta”.
Perfecto Conde é o autor dun libro case mítico para o xornalismo galego, La conexión gallega, del tabaco a la cocaína, que se publicou en 1991 e agora acaba de reeditar outro galego, Ramón Akal, recuperándoo do catálogo de Ediciones B.
"O uso cívico non pode converterse nun instrumento en mans dunha administración co fin de separar as boas ocupacións das malas", advirte Giuseppe Micciarelli, activista italiano e experto en dereito que nos días do despexo da Insumisa estivo na Coruña, convidado pola Marea Atlántica a un acto que finalmente non se celebrou, e que tivo ocasión de reunirse tanto co goberno municipal como coas ocupas da Insumisa.
Antonio Rodríguez Colmenero é o gran arqueólogo moderno do país. Ten 80 anos, vive en Lugo, onde mantén a súa vinculación coa universidade, e vai cada vez que pode pasar a fin de semana a Lucenza, a aldea de Cualedro onde naceu, “unha gaiola preciosa sen paxaros”, di. Alí, ao pé do Larouco empezou a descubrir as pegadas do pasado e acabou profesando, tamén el, admiración e respecto polo monte sacro. Segue traballando na terra, en Saceda, alí mesmo onde comezou, e no Aquis Querquennis en Bande, cando as augas do encoro das Conchas están baixas, desde hai máis de media de vida.
"O dereito do traballo é dereito dos traballadores, non é imparcial, o que quere é outorgarlles aos traballadores un status de cidadanía. Ten esa compoñente política de dignificación da persoa por medio de dereitos que se conseguen no mundo do traballo", di Jaime Cabeza, catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Universidade de Vigo.
"É um livro de ambiçom desmedida, fago um percurso polo século XX, trato de falar de economia, de mudança cultural, da história da Galiza, da história da esquerda, da esquerda galega... mas é que na realidade tenho um interesse grande por estudar a totalidade", diz David Rodríguez, autor de O canastro sen tornarratos, e advirte: "Para construir, o primeiro é tomar consciência do ermo no que estamos". Uma entrevista de Antom Santos.
Xestionar o consentimento
Para proporcionar as mellores experiencias, usamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou IDs únicos neste sitio. Non dar o consentimento ou retiralo, pode afectar negativamente a certas características e funcións.
Funcional
Sempre activo
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o propósito lexítimo de habilitar o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo subscritor ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferencias
O almacenamento ou acceso técnico é necesario para o propósito lexítimo de almacenar preferencias que non son solicitadas polo subscritor ou usuario.
Estatísticas
O almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticas.O almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen unha citación xudicial, o cumprimento voluntario por parte do teu provedor de servizos de Internet ou rexistros adicionais dun terceiro, a información almacenada ou recuperada só para este fin non se pode usar normalmente para identificarte.
Marketing
O almacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para seguir o usuario nun sitio web ou a través de varios sitios web con propósitos de mercadotecnia similares.