Opinións

O que pensamos en alto.

Xornalismo de degustación

23/04/2020

A imposición de muros de pago é a solución máis xusta para cociña e clientela e para un xornalismo e un exercicio democrático sans, sostén a autora.

Repugnantes formigas calvinistas

03/04/2020

O autor polemiza sobre certos prexuízos das sociedades do Norte europeo contra os veciños do sur, esas “chicharras católicas sempre de vacacións fronte ás laboriosas formigas calvinistas”.

É o momento da renda básica

26/03/2020

As autoras propoñen a implantación dunha RB para paliar os efectos desta crise sanitaria que aboca á precariedade a millóns de persoas, para combater a pobreza de maneira inmediata e para descubrir á cidadanía a sensación de liberdade que nos dá ter a existencia material garantida.

Manifesto lido en Verín o 1M

07/03/2020

Un ano máis, o conxunto do feminismo galego unimos a nosa forza para deixar moi claro que somos unha voz importante. Todas xuntas somos un berro que non poden, aínda que queiran, desouvir.

Deben ser encarcerados os xornalistas por exporen crimes de guerra dos EUA?

03/03/2020

Caitlin Johnstone sostén que a primeira fase do xuízo a Assange serviu para evidenciar unha verdade espida: os EUA buscan calquera fenda para meter preso o xornalista por ter difundido os seus crimes de guerra. Todas as manipulacións xa non importan máis, advirte a autora, temos a oportunidade de tomar o control do discurso.

Estrañeza de vivir na terra

27/02/2020

O que arde é unha película sobre nada, acerca da néboa lenta que é a vida humana. É posible que o tema desta película non sexa tanto o incendio dos montes como o incendio que é a alma do home.

Será Verín o ‘Prestige’ de Feijóo?

27/02/2020

"As mobilizacións dentro e fóra de Verín demostraron que é posíbel desmontar as mentiras do poder impulsando unha resposta dende os sectores profesionais e a sociedade organizada e facer fronte á maquinaria de manipulación mediática", sostén a autora.