Repugnantes formigas calvinistas

Gonzalo Trasbach

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

Decembro do 2008. Atenas, baixo a insurrección. Mesmo a árbore de Nadal da praza Sintagma ardeu. Non fai falla lembrar quen tiña tomadas as rúas: unha onda de rabia sen rostro. Os anos seguintes ensináronnos o que significa a palabra ‘contrainsurrección’ nun país occidental. A UE, o Banco Mundial e o FMI empezaron a tarefa de hacer pagar a Grecia por aquela revolta imperdoable. E todo isto, contando co acordo de Alexis Tsipras, o presidente do goberno socialista heleno, un personaxe demonizado entre nós, tanto pola dereita coma polos socialdemócratas e independentistas e os seus “independentes” medios de comunicación, sobre todo porque o identificaban con Pablo Iglesias, o líder podemita que acababa de irromper na escena política nacional.

Hai un proverbio chinés que reza así: “Non subestimes o resentimento dos ricos cara á insolencia dos pobres”. Entón, aplicando esta regra infalible, as mencionadas institucións decidiron someter ao pequeno país mediterráneo mediante unha batería de medidas “económicas” dunha violencia proporcionalmente equiparable á da revolta, pero de xeito gradual.

E dende aquela, alemáns, eses que tanta admiración espertan entre as nosas formacións conservadoras, e holandeses -unha vez que os ingleses, como as ratas, abandonaron o barco continental- lideran a implacable campaña contra dos países pobres do Sur, aos que menosprezan e desprezan pola súa presunta ineficacia e atávica vagancia. Desta maneira andan pregoando aos catro ventos sambenitos que, no noso caso se remontan até a vella hispanofobia dos tempos do Imperio Español, e que ademais están impregnados co verniz da envexosa fobia británica: PIGS (porcos), así como do Club Med: chicharras católicas sempre de vacacións fronte ás laboriosas formigas calvinistas.

Por isto agora queren aproveitar estes tempos de cólera para castigarnos, penalizarnos, como se fósemos os inventores e portadores dun virus que nos medios máis dereitistas de España, por outra banda, teñen endelgado aos “putos chineses comunistas”.

‘O gremio dos tecedores’, Rembrandt, 1662.

E aínda que é certo que nos ámbitos da cultura protestante-calvinista ser unha formiga laboriosa é considerado unha virtude, no sur de Europa ser austero é, sobre todo, ser un pringado ou un pobre demo. Mais esa idea norteña de ser feliz (traballador, aforrador, sobrio, dilixente, moderado, modesto, discreto…) é algo que se está impoñendo en todas as partes de Europa. Por iso, diante desta pandemia volven falar de: menesterosos, vagos, bebedores, fornicadores… Mais talvez sexa un pouco mellor compartir antes que economizar, conversar antes que non dicir nin chío, loitar antes que sufrir…

Recordemos. Jurgen Stark, un falcón sen piedade, segundo do ministro de Facenda xermano Theo Waifel, e o ex socialdemócrata holandés Genit Zalm, fundador do grupo ultraliberal que arestora encabeza Mark Rutte, primeiro ministro dos Países Baixos, a quen acompaña o seu ministro de Finanzas Wopke Hoekstra, foron e son as figuras máis destacadas nese furibundo ataque contra dos países latinos, como se ten comprobado nestes días nos que unha brutal e mortal pandemia está zoupando toda Europa e o resto do planeta. E isto está sucedendo mentres algúns miran para outro lado, coma se isto non fose con eles.

Stark, que posteriormente traballou como economista para o BCE, foi quen no seu día boicoteou o rescate de Grecia e no ano 2011 logrou subir os tipos de interese, precipitando deste xeito o segundo pico da Grande Recesión, o derrubamento e a crise das débedas soberanas. Pois agora o que queren os nosos adorados ricos do Norte, as termitas calvinistas, e endebedarnos para toda unha vida, como fixeron coa patria de Platón.

Ademais de acusarnos de derrochadores, bebedores y pendencieros, tanto a nós coma aos italianos e portugueses, Wopke Hoeksra, non só nos ten insultado gravemente, senón que a súa posición e a do seu xefe de gabinete abriron a porta para unha ruptura definitiva no seo dunha UE que, una vez máis, quere deixar na estacada aos estados membros do Sur, diante da compracencia dunha Angela Merkel que, de momento, agóchase tralas cortinas, pois conta con bos expertos para facer o traballo sucio.

No fondo, por outra banda, a postura destes ultraliberais dispara contra os máis vellos, aos que prefiren mortos, e por enriba das vidas humanas, poñen a cuestión económica. O cal, de ben pensado, é unha maneira de rescatar a vía euxenésica, que tanto e tamén practicaron os nazis.

E todo isto vén a conto dos famosos eurobonos (aos cales tamén se negaron no 2008), dos que son partidarios os países do Sur para afrontar a emerxencia sanitaria máis brutal do continente europeo desde a Segunda Guerra Mundial. Diante da postura de holandeses, xermanos e outros, coas dúbidas de Francia, non só merece destacarse a negativa de Italia, Portugal e España, senón subliñar a coraxe de Antonio Costa, primeiro ministro luso, quen cualificou de “repugnante” o discurso dos ricos do Norte. Só por este contundente xesto, talvez deberíamos empezar a mirar con outros ollos os nosos veciños.

Boiro, 3 de abril de 2020. 

O autor

Gonzalo Trasbach

Gonzalo Trasbach

Licenciado en Filosofía e diplomado en Educación Básica (mestre) pola Universidade de Santiago, traballei durante máis de vinte anos en La Voz de Galicia, xornal co que aínda colaboro na edición do Barbanza cun artigo semanal. Agora exerzo basicamente de xubilado na miña vila, Boiro, onde vivo. Ocupo o meu tempo libre camiñando, nadando, lendo, escribindo, escoitando música e indo ao cine de vez en cando. Tamén achego algunha colaboración á revista dixital Café Barbantia. Son dos que penso que non só somos de onde nacemos ou pacemos, senón que tamén somos o que lemos, o que escoitamos, os cadros que contemplamos, as amizades que cultivamos...

2 comentários em “Repugnantes formigas calvinistas”

  1. O fim do esfor o disciplinado e honesto como fonte de valor e dever moral determinou, em um processo de autoalimenta o, a decad ncia da tica do trabalho, na medida em que os poderes valorativos a ela atribu dos se tornaram externos e estranhos ao trabalhador. Na forma o do capitalismo moderno, o trabalho serviu para dar sentido espiritual a um mundo que, segundo a doutrina calvinista da predestina o, essencialmente sem sentido. O trabalhador n o visava outra coisa al m de reproduzir a vida, mas como a vida consome os frutos do trabalho, tratou ent o de acumular, de conter o consumo, de economizar vida e trabalho.

  2. Costa insistio en que era necesario que todos los Estados de la UE actuaran de consuno frente a una crisis que  alcanzaba a sus 27 miembros de forma simetrica y con una mayor dimension que las otras crisis hasta ahora vividas en la Union. Si nos mantenemos en las divisiones que ya bloquearon importantes decisiones en 2008, Europa sufrira mucho con este tsunami. Consideraba absolutamente fundamental realizar la emision de deuda conjunta para conseguir mejores condiciones de financiacion para todos.  Merkel y Rutte siguen en sus trece y, aunque sin tanta contundencia, se oponen a la mutualizacion de la deuda. Los halcones del euro se niegan a compartir riesgos financieros con sus socios del sur y exigen que cualquier ayuda comunitaria requiera a cambio un plan de ajuste. Rutte –que es el mamporrero de Merkel- ha dicho que no puede prever bajo ninguna circunstancia que Paises Bajos acepten los eurobonos porque iban contra el diseno de la UEM.?Sera caradura!. Querra decir contra su diseno. Como ha senalado Iniguez, una Europa del siglo XXI no puede ser gobernada por el moralismo calvinista, sino que debe guiarse por la solidaridad.

Deixe um comentário