Erik Dobaño

Xornalista. Editor do Adiante.

“80 mortos, 4 anos de cadea: unha pena leve, non?”

17/12/2018

Falan as vítimas do Alvia. "Ves actuar os políticos e esperas que desa antítese saía unha síntese que nos beneficie aos cidadáns", di José A. Gayoso. "Non sei que conclusión tirará a Comisión, pero que saía á luz pública todo isto xa é un gran logro para uns particulares que fomos menosprezados".

Boro, no Tour da vitoria

14/12/2018

O xornalista, que fóra acusado de agredir a policías durante unha protesta en Madrid e se enfrontou a unha petición de 6 anos de cárcere, ofrece estes días unha serie de charlas en Galiza.

memoria histórica, Coruña, franquismo

A lista Monge

14/12/2018

Manuel Monge presenta un informe no que detalla 106 elementos de simboloxía franquista no municipio da Coruña: “un récord no país”. 23 no rueiro, 25 en retratos (18 no Concello e 7 na Deputación), 47 distincións honoríficas (24 do Concello e 23 da Deputación), 6 escudos, placas ou esculturas; e 5 nomes de centros de ensino.

A Constitución xa non rexe

13/12/2018

A imposíbel reforma da Constitución vista desde o centro. Javier Pérez Royo e Antón Losada presentan na Coruña un ensaio sobre a agonía da lei fundamental do Estado herdada do franquismo.

Que farías ti se te atan?

06/12/2018

O Movemento Galego da Saúde Mental saca á rúa a contención mecánica para denunciar a violación de dereitos humanos mediante estas prácticas.

Da celulose à biomassa: Ence e o deserto verde

05/12/2018

Ence, privatizada na era Aznar através de Caixa Galicia, prevê que no ano 2023 o 25% da produçom da empresa seja energia. Para isso precisam constáncia na produçom e fornecimento de madeira de eucalipto. A extensom da monocultura vai continuar e coa biomassa todo seria muito mais vertiginoso.