
A historia do Kwame Nkrumah empeza polo final. Nkrumah, o gran impulsor do panafricanismo, tivo que buscar refuxio na veciña Guinea Conakri despois dun golpe de Estado que o sorprendeu nunha viaxe a China. Ahmed Sékou Touré quixo convertelo en ‘co-presidente’ do país. Nkrumah nunca volveu a Ghana.

As traballadoras da CRTVG piden en Europa a saída de Sánchez Izquierdo
A denuncia rexistrada na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo documenta oito casos de manipulación informativa e sinala como responsábel destas prácticas ao director xeral. A cinco días da manifestación do próximo sábado, na que se anuncia a maior protesta de xornalistas e traballadores de medios de comunicación no país, o Comité Intercentros recibe adhesións de formacións políticas, colectivos sociais e veciñanza en xeral.

“Unha cousa é dignificar a lingua e outra, a pedantería”
“Había que ser escura para que te consideraran boa”, di Uxía Casal, escritora e mestra retirada, e asegura que non fai parte do sistema literario galego mentres agradece a acollida de 'Saturno tamén é deus', un libro de relatos de hai vinte anos que Urco rescatou para goce dunha nova xeración de escritoras e lectoras.

Não deixes a tua língua cortar a tua garganta
O bom conselho e o sentido comum não são respeitados pelos seus homens, que levados de orgulho e de precipitação, soltam a língua a pascer. O que tanto na história de Rhiannon quanto na de Macha desencadeia os acontecimentos. A verdade é que a língua pode mais cortar a gorja que a lâmina mais afiada.

“O monte corre moito, e a gran industria tamén”
Santi Rodríguez, labrego rebelde no tempo de Facebook, soña desde a súa aldea no val de Ramirás con fórmulas para resistir nun modo de vida que xa saltou unha xeración, a dos pais.

Fuxindo do Paraíso (Meriam, e III)
Nour Boukrou completa o relato da fuxida dunha moza siria do horror da guerra. A historia de Meriam condensa algunhas historias de vidas rotas pola perda da familia, do fogar e dunha patria.

"A radio e a televisión públicas non poden estar ao servizo de ningún partido político. Non imos entrar en si con gobernos anteriores había ou non. O que é certo é que agora se incrementou a manipulación. É brutal", di Raimundo Méndez, presidente en funcións do Comité Intercentros da CRTVG.


