
“A consulta telefónica pode axudar, mais nunca substituír á atención presencial”
“Tiñamos mitificadas a tecnoloxía e a farmacopea como solución a todo e atopamos que as únicas solucións pasan polo lavado das mans, as máscaras e a distancia social”, di Luís Álvarez, enfermeiro en Atención Primaria.

“A residencia de Celanova segue abandonada polas administracións”
Seis meses despois de detectado o surto de covid19 no centro de maiores San Carlos, María Rodríguez, membro de REDE, alerta: “Isto non rematou, as deficiencias continúan, os problemas medraron e non se ve axuda por ningunha parte”.

Así colapsa un centro de maiores
Esta é a reconstrución en base aos testemuños de familias e traballadoras dos dez días nos que se desatou a crise na primeira residencia de maiores galega que sufriu un brote masivo. Entre o 18 e o 27 de marzo o virus cambiou para sempre a Residencia San Carlos de Celanova.

A Xustiza vai máis rápido na traxedia nas residencias
Un xulgado de Cangas do Morrazo abre dilixencias nunha querela contra a dirección de Domus Vi e dous altos cargos de Política Social por presuntas neglixencias no centro de maiores de Aldán.

A Xustiza alcanza á xestión das residencias de maiores
A familia dunha anciá falecida nun centro da Coruña presenta unha querela contra dous altos cargos de Política Social mentres a Fiscalía de Ourense toma declaración ás traballadoras das residencias de Celanova e O Barco.

“A base do negocio das empresas nas residencias é precarizar o persoal”
Sonia Jalda, portavoz de TREGA, denuncia a falta de regulación sobre as residencias de maiores e advirte que os estándares da atención foron rebaixados a medida que as empresas privadas asumían a maior parte da prestación do servizo.

Hierarquias em pé (vivenda e género)
Oitava e última entrega da série ‘Umha crise feita de muitas crises’.

Menos emprego e mais digitalizaçom
Sétima (e penúltima) entrega da série ‘Umha crise feita de muitas crises’.
