
Meirás, o españolismo e os valores contra a democracia
O historiador Emilio Grandío reclama un debate sobre o pasado "en clave actual, con debate público e respecto ás diferentes opinións".

Meirás, o españolismo e os valores contra a democracia
O historiador Emilio Grandío reclama un debate sobre o pasado "en clave actual, con debate público e respecto ás diferentes opinións".

Memoria humillada: o Ducado de Franco e o Señorío de Meirás
En maio pasado, mentres no Congreso se discutía a moción de censura, o ministro de Xustiza emitía unha orde para garantir a sucesión dun dos títulos nobiliarios da familia Franco.

Apropiación simbólica do territorio: os monumentos franquistas
Cando se constrúe o Valle de los Caídos, ou a cruz do Castro de Vigo, prodúcese unha aprehensión dun espazo, humanizándoo como expresión -e ao servizo- dunha determinada ideoloxía. Algo case tan vello como a humanidade.

Memoria discreta: en Neda discuten se retirar ou non a cruz
Unha comisión municipal estuda que facer co memorial franquista, levantado a principios dos cincuenta e no que aínda se ven flores de cando en cando.

Memoria imposta: a cruz do Castro en Vigo
Unha gran cruz de 12 metros presidía unha vasta planicie na que agora está a Casa Consistorial. Retiráronse a maior parte dos atributos da composición orixinal, pero o gran símbolo non. O alcalde segue negando que se trate dun monumento franquista.

Memoria indecisa: cruces franquistas de quita e pon
Coirós retira unha cruz aos caídos, mais xa pensa onde recolocala “sen a placa”. En Irixoa renovaron a placa, pero mantiveron a cruz que “nada ten que ver co franquismo”. “Non vexo que haxa conciencia real de que isto sexa necesario. No PP non o vexo”, reflexiona unha concelleira nacionalista.

Memoria Histórica, nin está nin se lle espera
Nunha visión máis sosegada da lei, dez anos despois da súa entrada en vigor, fai que botemos en falta no seu articulado pontes que unan a memoria histórica co currículo escolar. Co apoio dos familiares das vítimas e das propias vítimas que aínda quedan como fontes históricas de primeira man (que inevitablemente co paso dos anos desaparecerán), é imprescindible que a memoria histórica empape as nosas escolas e institutos.