
O anarquismo coruñés refunda Germinal
Máis de cen anos despois, a memoria libertaria na Coruña revive un dos espazos centrais do pensamento e a acción anarquista no primeiro terzo do século XX. La Perla Negra de la Anarquía, a dos 14.000 anarquistas (non todos tiñan ideas libertarias, claro), apenas acubilla hoxe en día a unhas ducias de militantes e un pequeno sindicato desfederado da CNT.