
Política para afrontar o reto catalán
ANÁLISE | Por Carmen Arango. Chegou o desxeo á relación institucional do Estado con Catalunya da man dun PSOE necesitado dos apoios do PDeCat e ERC que tamén precisan abrir vías. Mais o taboleiro móvese rápido e o fortalecemento da posición de Puigdemont xera novas incertezas.

Todos os anos os mesmos ritos, nas mesmas rúas, no mesmo lugar. Todos os anos as mesmas discusións simbólicas sobre a manifestación unitaria, autodeterminación, soberanía e un longo etcétera pola loita de probar quen é "o mais galego". E nos últimos tempos agroma unha especie de oportunismo metafórico.

Por unha oposición por construír
ANÁLISE | O PSdeG-PSOE reconstrúese, o PP reconstrúese, a oposición tense que reconstruír. Empezando por abaixo. Por unha banda, a defensa do territorio comeza a artellar realidades e loitas locais en confluencias e mobilizacións nacionais. Pola outra, no espazo do social agroma unha rede que tecen os movementos en torno a cuestións como a reivindicación feminista, as loitas polo acceso aos recursos básicos para a vida ou de defensa do dereito a vivir dignamente.

“Unha cousa é gobernar e outra, ter o poder; nós gobernamos, pero o poder nunca o tivemos”
Parte II | O ex vicepresidente da Xunta explica como o concurso eólico disparou as alarmas entre as elites e como “na nosa ansia de acaparar novos espazos, esquecémonos do exército”, e ficaron sen base social para aguantar as acometidas do poder.

“O nacionalismo era algo que ninguén esperaba nin a maioría social do país demandaba”
Parte I | Trece anos despois de que accedera á máis alta responsabilidade de goberno dun nacionalista na historia de Galiza, Anxo Quintana reflexiona nesta entrevista en dúas entregas sobre como o BNG alcanzou aquela cota e como caeu dela.

Lumumba e as forzas da historia
Lumumba aínda non cumprira os 35 anos cando Bélxica declarou precipitadamente a independencia do Congo en 1960, unha manobra para intentar controlar o proceso. O Movemento Nacional Congoleño, liderado por Lumumba, gañou as eleccións, pero o acordo foi situar na presidencia a Joseph Kasavubu, do Abako, o partido dos Bakongo. Lumumba foi nomeado primeiro ministro e realizou un discurso moi duro contra a etapa da colonización belga en presencia Leopoldo II.

Nicaragua baixo o terror do comandante Ortega
As cifras do informe da Comisión Iberoamericana de Derechos Humanos están actualizadas a 25 de xuño: 285 mortos; máis de 1.500 feridos; 156 desaparecidos; 72 detidos… “Até o momento non hai unha fonte que brinde os datos exactos da cantas persoas hai feridas e falecidas nas diferentes protestas cívicas a partir do xoves 19 de abril”, sinala o escrito. Sesenta e seis días de horror.

“Hai un retroceso no Brasil que permitiu a liberación das forzas conservadoras”
Simone Portugal e Marcos Sorrentino, expertos en educación ambiental, e participantes en Acampa 2018 din que "enfrontar o problema dos refuxiados é enfrontar as desigualdades en cada país, en cada Estado, que levan á inmigración. E isto ten que ver coa educación ambiental, coa mudanza cultural que andamos buscando: dunha cultura competitiva que procura o ben material individual para unha cultura de solidariedade, de cooperación e de coidado cunha vida boa".

“O que me mantén vivo como fotógrafo é a curiosidade”
Juan Pablo Moreiras é coñecido polo seu traballo xunto a un equipo de veterinarios que investigaban a poboacións de gorilas en África. Despois de case tres décadas de carreira profesional, o fotógrafo vigués, fillo de emigrantes galegos en Normandía, presenta en Acampa, na Coruña, unha exposición sobre "a importancia do home nas políticas de conservación do medio". Son os rostros do planeta, que dan conta, como nas fotos de Sebastião Salgado, un dos seus mestres, da dignidade da vida en metade da catástrofe.
