Actualidades

O que pasa cada día conta, o que ocupa o tempo da xente importa.

Nicaragua baixo o terror do comandante Ortega

03/07/2018

As cifras do informe da Comisión Iberoamericana de Derechos Humanos están actualizadas a 25 de xuño: 285 mortos; máis de 1.500 feridos; 156 desaparecidos; 72 detidos… “Até o momento non hai unha fonte que brinde os datos exactos da cantas persoas hai feridas e falecidas nas diferentes protestas cívicas a partir do xoves 19 de abril”, sinala o escrito. Sesenta e seis días de horror.

'Dhogs', de Andrés Goteira.

Cando o Cine volveu ao cine

26/06/2018

'Dhogs' será película de culto, será referente, será lembrada por moitas cousas... pero tamén será a película que devolveu o Cine ao cine. 'Dhogs' arriscou cunha ruta de exhibición en salas que non subestiman a un público que non esqueceu que o cine é/era/debería seguir sendo todo un ritual.​

Goebbels-á-feira

21/06/2018

"Estamos nunha etapa histórica no que o carácter de servizo dos medios de comunicación públicos está sendo cuestionado", di o decano de Xornalismo mentres na TVG dimiten a presentadora e o presentador do Tele Xornal da noite e o comité de empresa da corporación pública denuncia a manipulación informativa por parte da dirección e sinala aos profesionais que lle entran no xogo.

Alerta na universidade: hai razóns económicas detrás do abandono?

Alerta na universidade: hai razóns económicas detrás do abandono?

20/06/2018

Dos campus das tres universidades galegas hai mozas e mozos que tiveron que marchar por non poder pagar a matrícula ou facer fronte aos gastos que esixen os estudos superiores. As universidades inda non detectaron estatisticamente este problema, mentres as axudas estatais redúcense ano a ano e van establecéndose mecanismos de 'rescate' que incorren na estigmatización do alumno pobre.

Os pacientes revólvense contra a situación de abandono no Hospital de Ourense

18/06/2018

Un comunicado dunha asociación de pacientes lanzado esta tarde revela o enfado dos usuarios que empezan a organizarse e a desesperación de centos de familias e enfermos. “Por que os 41 millóns de diñeiro público destinados á construción do novo hospital non están repercutindo nunha mellora da calidade na atención?”, pregúntanse desde a Asociación Usuarias e Pacientes do CHUO.

Simone Portugal e Marcos Sorrentino, conferenciantes en Acampa.

“Hai un retroceso no Brasil que permitiu a liberación das forzas conservadoras”

16/06/2018

Simone Portugal e Marcos Sorrentino, expertos en educación ambiental, e participantes en Acampa 2018 din que "enfrontar o problema dos refuxiados é enfrontar as desigualdades en cada país, en cada Estado, que levan á inmigración. E isto ten que ver coa educación ambiental, coa mudanza cultural que andamos buscando: dunha cultura competitiva que procura o ben material individual para unha cultura de solidariedade, de cooperación e de coidado cunha vida boa".

“O que me mantén vivo como fotógrafo é a curiosidade”

15/06/2018

Juan Pablo Moreiras é coñecido polo seu traballo xunto a un equipo de veterinarios que investigaban a poboacións de gorilas en África. Despois de case tres décadas de carreira profesional, o fotógrafo vigués, fillo de emigrantes galegos en Normandía, presenta en Acampa, na Coruña, unha exposición sobre "a importancia do home nas políticas de conservación do medio". Son os rostros do planeta, que dan conta, como nas fotos de Sebastião Salgado, un dos seus mestres, da dignidade da vida en metade da catástrofe.

Fotografía: PSOE

O reforzo do bipartidismo

12/06/2018

Carmen Arango publica a súa primeira colaboración como analista da política estatal cunha reflexión en catro partes: a moción, un goberno en campaña, o relevo no PP, e a distensión con Catalunya que determinará en parte quen sexa a elexida ou o elexido no PP.