Actualidades

O que pasa cada día conta, o que ocupa o tempo da xente importa.

Prados, bosques e explotacións gandeiras en Bama.

Mina Touro-O Pino, NON (un texto de Emma Pedreira)

09/06/2018

As máscaras. O engano. O veleno nas mans de quen chega para arrincar os metais metendo os dedos por baixo da nosa pel e turra. Os camións a pisotear o resto. O roubo, o espolio, a precariedade e o engano; as botas da morte na nosa cara. Canto tardan en sandar as feridas dunha guerra?

Protesta onte, diante do Concello, da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos.

Na auga de Ferrol mandan os cartos (e paga a veciñanza)

07/06/2018

A empresa que comparte co concello a xestión da depuradora vén de conseguir que un xuíz lle dea a razón na reclamación de cantidades atrasadas por un servizo que non funcionaba, malia que non funcionaba. A veciñanza vese obrigada a pagar unha taxa onerosa, mentres o goberno municipal admite que ten as mans atadas.

Ricardo García Mira. Laxe, 1956. Doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

“Non podemos deixar o país en mans dunha organización que estaba formada para delinquir”

31/05/2018

A Ricardo García Mira, profesor da Universidade da Coruña (UDC) e deputado no Congreso polo PSOE, acumúlaselle o traballo estes días. Estaba a preparar a súa proba de acceso á cátedra de Psicoloxía Social e Ambiental da UDC -que ten acreditada desde hai seis anos e adiada polos recortes no orzamento universitario- cando Pedro Sánchez anunciou a moción de censura contra o Goberno do Partido Popular.

A xornada do despexo do CSO A Insumisa, na Coruña.

A toma pola forza da Insumisa esfarela o soño da Marea

24/05/2018

A Policía Local e a Nacional reparten golpes no despexo da Insumisa e a maioría dos colectivos veciñais da Coruña mostran na rúa a súa indignación co goberno municipal. Houbo feridos pola mañá e pola tarde. Sangue na rúa e nas redes. A Marea e concelleiras como Rocío Fraga, no albo das críticas. A policía tomando o control. Poñendo a raia aos revoltosos. E o sábado unha manifestación pola defensa do común co goberno municipal sen saber como colocarse na foto. Unha alfombra para o PP.

Manifestación do 8M no Obelisco. Coruña.

8M: Cal é hoxe a axenda feminista?

22/05/2018

ANÁLISE | Ximena González. Mentres os feminismos autónomos centran o seu traballo en dar resposta ás denuncias das violencias machistas, os grupos vencellados ás axendas estatais viran cara unha axenda institucional centrada na presión aos partidos políticos. Diferentes, mas non excluíntes, ambas realidades conviven dende moito antes do 8M.

Paula Quinteiro. Vigo, 1990. Deputada por Pontevedra

“O meu inimigo é o Partido Popular”

16/05/2018

A peza básica na construción dun escándalo mediático é a redución da persoa a unha marca que defina todo o seu carácter. A Paula Quinteiro, os medios de comunicación públicos e privados que espallan a axenda do poder, definírona como vándala. Unha palabra.

Camuflaxe de Lupe Gómez

Contra a amnesia lingüística

15/05/2018

O descenso da edición de libros en lingua galega atopa as súas causas na dinámica social do país e nas insuficientes políticas culturais. A tendencia á baixa dende que a crise económica tivo lugar está consolidada. Manuel Bragado, Antón Lopo, Antón Mascato e Francisco Macías reflexionan nesta reportaxe sobre o momento que vive a edición de libros en galego.