Actualidades

O que pasa cada día conta, o que ocupa o tempo da xente importa.

Volveron, e son millóns

26/10/2020

A autora, que participou do proceso como observadora, sinala unha serie de condicionantes das votacións do domingo 18 en Bolivia que non impediron unha participación das maiores da historia boliviana, un 88%, e a ampla vitoria do MAS.

Unha loita esencial

22/10/2020

O xuízo da operación Jaro rematará o día 3 de novembro. Esta quinta feira o letrado da defensa Manuel Chao minou as bases do edificio argumental da acusación.

O ceo cae

20/10/2020

Vista da Jaro na Audiencia Nacional: día 2. O Fiscal esfórzase por crear “atmosfera”, pero esta esvae cada vez que as defensas deixan en evidencia á investigación, que traballa sobre fontes secundarias e nin sequera é quen de debuxar o rostro do inimigo que persegue.

Xuízo sen causa

19/10/2020

A primeira xornada da vista na Audiencia Nacional no proceso contra os acusados na operación Jaro deixa en evidencia a debilidade das acusacións. Os independentistas lembran que os actos de acollemento foron legais, públicos e pacíficos, e non se lanzaron chamamentos á violencia.

Nova batalla contra represión xudicial das opinións

13/10/2020

Os avogados que levarán diante da Audiencia Nacional a defensa dos activistas galegos investigados nas operacións Jaro I e Jaro II advirten sobre a falta de garantías no proceso e manifestan o seu temor a animosidade do tribunal contra os seus defendidos. Avanzan que a súa defensa pivotará sobre o dereito das persoas a pensar libremente e sobre o dereito a organizarse para manifestar as súas ideas.

Vítimas do Alvia contra o tempo

10/10/2020

O colectivo que reúne a feridos e familias dos falecidos no accidente de Angrois o 24 de xullo de 2013 continúa, sete anos despois, pelexando por un xuízo xusto malia unha investigación incompleta. A Audiencia Provincial da Coruña podería declarar, antes de final de ano, a apertura de xuízo oral para 2021.