Actualidades

O que pasa cada día conta, o que ocupa o tempo da xente importa.

Chelsea Manning sae do cárcere

13/03/2020

Un día despois de que se informase do seu intento de suicidio, o xuíz dá por rematado o traballo do gran xurado e considera que “a súa detención xa non ten ningún propósito coercitivo”.

Coeducación e corresponsabilidade

07/03/2020

"En España dedicáronse ao longo de 2018 máis de 130 millóns de horas en traballo non remunerado; isto equivale a unha poboación de 16 millóns que tivesen unha xornada laboral de oito horas diarias e case un 15% do PIB. Uns coidados que non coñecen vacacións nin idade de xubilación", advirte o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Un posto para Martiño

21/02/2020

Hoxe, no o último día do prazo para a inscrición de coalicións para os comicios do próximo 5 de abril, mentres Podemos e Anova negocian a toda présa un acordo para volver unirse diante dunhas novas eleccións galegas, sobre a mesa están os postos e os cartos que acompañan eses postos e nada máis. As ideas, outro día. Entre outras cousas, porque non hai tempo.

A caza

21/02/2020

Este luns, 24 de febreiro, comezará o xuízo contra Julian Assange, o fundador de WikiLeaks, que podería terminar coa súa extradición aos EUA, mentres durante a fin de semana se suceden as protestas en todo o mundo diante do ataque á liberdade de expresión e outros dereitos que están en xogo neste caso.