Catalunya, contra o ‘lawfare’ no caso Assange

O Parlament de Catalunya pide a restitución dos dereitos civís ao fundador de WikiLeaks.

Compartilhar no facebook
Facebook
Compartilhar no twitter
Twitter
Compartilhar no google
Google+
Compartilhar no whatsapp
WhatsApp
Compartilhar no telegram
Telegram
Compartilhar no email
Email
Compartilhar no facebook
Compartilhar no twitter
Compartilhar no google
Compartilhar no whatsapp
Compartilhar no telegram
Compartilhar no email

A Coruña | 12 de marzo. A continuación reproducimos a declaración institucional adoptada polo Parlament de Catalunya o pasado día 25 de febreiro, e asinada en nome dos grupos por Eduard Pujol i Bonell (portavoz do GP JxCat); Anna Caula i Paretas (portavoz do GP ERC); Susanna Segovia Sánchez (portavoz del GP CatECP); e Carles Riera Albert (representante do SP CUP-CC), baixo o título de Declaració de la Junta de Portaveus del Parlament de Catalunya en defensa de la restitució dels drets civils de Julian Assange:

«O 24 de febreiro, como estableceu o Tribunal de Maxistrados de Westminster, comezou en Londres o xuízo sobre a extradición a Estados Unidos de Julian Assange, fundador do sitio de filtracións WikiLeaks.

No ano 2012, Julian Assange recibiu refuxio na embaixada ecuatoriana en Londres diante do risco de que a súa posíbel deportación a Suecia por parte das autoridades británicas desembocara nunha eventual extradición a Estados Unidos.

Cabe recordar que, no caso de ser xulgado en Estados Unidos por ter feito públicos milleiros de documentos sobre as operacións d exército estadounidense en Iraq e Afganistán, Assange debería afrontar una probábel petición de pena capital. E non hai que esquecer o perigo explícito de que sexa sometido a trato degradante no transcurso do seu encarceramento durante o proceso xudicial.

Ademais, hai que lembrar que, detrás da decisión que se tomará proximamente, están en xogo a liberdade de prensa e a liberdade de expresión. Neste sentido, Catalunya -que é e debe ser referencia na promoción, o coñecemento e o recoñecemento dos dereitos humanos- non pode permanecer indiferente ante a loita que protagoniza Julian Assange.

E hai que ter presente que Julian Assange foi galardoado pola Comisión da Dignidade -entidade de referencia na defensa das liberdades e na denuncia das inxustizas – pola súa contribución á defensa das liberdades dos catalás.

A situación de Julian Assange é a metáfora da crise de valores políticos que na actualidade está degradando unha parte da esfera pública europea e global. O caso de Julian Assange representa un aviso dos límites que os poderes exo-democráticos queren impoñer á liberdade de prensa e a liberdade de expresión e, por extensión, ao conxunto dos dereitos humanos. Unha ameaza que se sofre, tamén, no seo do Estado español.

Protesta en Londres en favor da liberdade de Julian Assange. Imaxe: The Progressive.

O xornalismo -e especificamente o xornalismo de investigación- é un contrapoder imprescindíbel e un expoñente da calidade do estado de dereito no que se fundamentan as sociedades democráticas modernas.

E, máis alá da dimensión colectiva da represión que sofre Julian Assange, non hai que esquecer o seu sufrimento persoal e os efectos negativos, xa perennes, sobre a súa persoa.

O Parlament de Catalunya manifestase contra o silencio enxordecedor que sitúa este ciberactivista nun contexto de desamparo internacional, de maneira máis acentuada trala súa irregular detención na embaixada ecuatoriana.

O Parlament de Catalunya entende a represión contra Julian Assange como unha forma clara de lawfare, é dicir, de continuación da guerra por medios xurídicos.

Por todos estes motivos, o Parlament de Catalunya manifesta que Julian Assange non debería estar no cárcere e pide a súa liberdade, incondicional e inmediata.»

Deixe um comentário

Deixe um comentário