
Pola abolición da prostitución e do traballo alienado
"Crear un sindicato é o xeito de amosar o empoderamento das prostitutas como traballadoras sexuais. E isto pode que sexa mellor para o patriarcado e o capitalismo que para elas mesmas." Un artigo de Rebeca Baceiredo.

“Quen muda o mundo son as mulleres”
Xeracción é unha empresa de intervención sociocomunitaria que naceu en Ourense dun curso de emprendemento para desempregadas. O curso ensinoulles dúas cousas: a emprender unha aventura en común e a rexeitar o emprendemento que a sociedade promove como modelo de éxito social. Non é unha contradición.

Esta muller (de 1,60) lesionou dous antidisturbios dun puñazo (sostén un fiscal)
Despois de dous anos de declaracións e xuízos, acúsana de resistencia á autoridade e pídenlle 6 meses, multa e indemnización para os policías. Vai recorrer. A Xustiza asume que mancou aos policías durante una manifestación contra o Rei e empresarios na Coruña a finais de 2015.

A hexemonía da marca “Pride” e a colonización do noso imaxinario
Desde finais dos 70 impúxose por decreto o colaboracionismo extremo coa esfera institucional e aplaudiuse a marxinalización das asembleas LGBTIQ críticas, transformadoras e subversivas.

Luz Fandiño: serventa, poeta, revolucionaria (Parte I)
"Pase ao meu despacho". O despacho de Luz Fandiño, serventa, poeta, revolucionaria, 86 anos, pelo curto e branco, mirada áxil, falar mastigado como quen pensa unha vez e media e escoita o que di antes de dicilo, aquela moza “ignorante, pero non parva” que marchou a Arxentina fuxindo da fame e do medo, está na cociña dun cuarto piso dunha rúa céntrica de Compostela, a cidade á que regresou pasados os anos.

Produción, distopía e perversión
Esta lóxica patriarcal obvia que o sexo poida darse con empatía (compartir ou xerar un mesmo 'pathos') e está enraizada na perversión. A figura do perverso, moi ben avida coa subxectivación do 'homo aeconomicus', obtén o goce fisurando ao outro, un outro do que a existencia e o poder do amo perverso dependen.



